Máis de 1.500 mariscadoras afectadas polo peche cautelar da ría de Muros e Noia

Analíticas realizadas superan os niveis permitidos de toxinas. Intermar terá que realizar unha analítica este luns para confirmar este peche.

Por Galicia Confidencial | Noia | 27/09/2020 | Actualizada ás 20:33

Comparte esta noticia

Nas ría de Muros e Noia atópase desde o pasado venres pechada á actividade marisqueira por niveis superiores á media da toxina lipofílica, unha toxina que é típica desta época do ano, entre outono e inverno.

Bateas mexillón rías galegas. EUROPA PRESS - Arquivo
Bateas mexillón rías galegas. EUROPA PRESS - Arquivo

Segundo fontes do sector consultadas por GC, o venres xa se pecharon as bateas do mexillón, que é onde máis se acumula a toxina. Ese mesmo día tamén había contaminación no berberecho, pero por baixo do límite permitido. Pero este domingo, en analises privadas da propia confraría, tamén o berberecho deu niveis superiores á media, polo que xa se cursou entre as propias confrarías e mariscadoras o pertinente aviso.

En todo caso, o peche oficial terá que ser decretado este luns pola Xunta. Intermar ten que facer novas analíticas. Se lles dá por baixo do límite, farán un peche cautelar, e se hai novas análíticas que dean por baixo, entón a ría abrirase novamente ao marisqueo. Pero se a analítica é superior ao límite permitido, entón haberá un peche durante toda a semana. Esta situación afecta directamente a 1.550 mariscadoras.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta