ALCOA: Os traballadores, convocados a unha folga indefinida a partir do día 4

Feijóo censura a "mala fe" da empresa e "non descarta nada", incluída unha intervención. O presidente da Deputación de Lugo di que ten que devolver o diñeiro que recibiu en axudas públicas. Pontón critica a actitude "tépeda" da Xunta e o Goberno e pide intervir a planta para "salvar" A Mariña. Unidas Podemos acusa a Alcoa de "boicotear" a súa planta . Os traballadores cortan os accesos da factoría e a empresa anuncia que en 15 días decidirá a forma de despido. O alcalde de Cervo pide ao Goberno que "tome as rendas" porque se Alcoa pecha "sería a morte da comarca" e o de Xove estima "entre 40 e 50 millóns" a diferenza entre o que pide Alcoa pola factoría de San Cibrao. A Xunta analiza xunto ao Goberno "todas as vías" para que a empresa "deixe de operar a planta" e "dea paso" a Liberty.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 29/09/2020 | Actualizada ás 10:27

Comparte esta noticia