Ana Pastor pide "partidas específicas novas para o Ano Xacobeo" nos Orzamentos Xerais do Estado

A vicesecretaria de Política Social do PP apela a "revitalizar" o turismo e o Camiño de Santiago.

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 02/11/2020 | Actualizada ás 16:39

Comparte esta noticia

A vicesecretaria de Política Social do PP, Ana Pastor, pediu ao Goberno do Estado que inclúa "partidas específicas novas para o Ano Xacobeo" nos Orzamentos Xerais do Estado co fin de que se poidan "revitalizar" o turismo e o Camiño de Santiago.

Ana Pastor
Ana Pastor | Fonte: Europa Press

Nunha visita ao albergue de peregrinos de Pontevedra, Ana Pastor subliñou que "o Xacobeo 2021 é clave, non soamente para o sector do turismo, senón para o conxunto da economía de Galicia" polo que, por parte do Partido Popular pídenlle "ao Goberno de Sánchez que non abandone o Ano Xacobeo", incidiu a deputada do PP.

Pastor destacou a "seguridade" destas rutas de peregrinación ao desenvolverse en "lugares abertos" e lembrou que en Galicia o turismo "baixou 20 puntos menos que o resto de España".

Ademais, o PP demanda ao Goberno a baixada do IVE do 10 ao 4% para o sector turístico, así como "fondos específicos", que os ERTE se prolonguen "máis aló de abril" e que os créditos ICO teñan un período de carencia "cando menos" dun ano máis.

Do mesmo xeito, a deputada popular esixiu ao Executivo baixar o IVE das máscaras, como xa fixeron outros países europeos, do 21 ao 4%, e lembra que é posible facelo tal e como sinalou a UE nun informe o pasado mes de abril.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta