O PP considera un "bochorno" cambiar o decreto de alarma que tamén piden presidentes autonómicos do PP

Ana Pastor volve pedir ao Goberno que se poña "á fronte" na pandamia, con "seriedade, rigor e pouca propaganda"

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 09/11/2020 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

A vicepresidenta segunda do Congreso e deputada do PP, Ana Pastor, apelou este luns á necesidade de que as medidas que se implanten na loita contra a pandemia de COVID-19 se baseen en criterios técnicos e científicos, e apuntou que, un posible cambio no decreto do estado de alarma para permitir ás Comunidades Autónomas adoptar restricións máis severas, sería "un bochorno" para o Goberno de España.

Así o manifestou, durante un acto celebrado en Mos, a preguntas dos medios sobre se o PP apoiaría un cambio do decreto do estado de alarma para que as Comunidades puidesen, por exemplo, establecer confinamentos domiciliarios. Unha posibilidade da que falou abertamente o presidente de Andalucía, o popular Juanma Moreno, que pide poder tomar medidas máis restrictivias.

Respecto diso, a vicesecretaria de Política Social do PP insistiu en que "é importante escoitar aos técnicos e aos científicos" para saber as medidas "máis adecuadas" para frear a pandemia, e asegurou que o PP "estará de acordo con todas as medidas" que estes propoñan. "O que digan os expertos será o que hai que implantar, nin máis nin menos", recalcou.

En todo caso, Ana Pastor sinalou que "hai Comunidades Autónomas que lle din ao presidente do Goberno que lles gustaría poder tomar máis medidas". Nese escenario, apuntou, o Executivo de Sánchez atópase "cun problema ben gordo", e é que para permitir a adopción desas medidas, tería que levar ao Congreso outro decreto, "o cal sería o bochorno total".

Pastor volveu a criticar que o Goberno central "quitouse do medio", e descargou nas Comunidades a toma de decisións, a pesar de que o Ministerio de Sanidade ten as competencias. "Pídolles seriedade, rigor e pouca propaganda", indicou.

A vicepresidenta segunda do Congreso e vicesecretaria de Política Social do PP, Ana Pastor (d), coa alcaldesa de Mos (Pontevedra), Nidia Arévalo.
A vicepresidenta segunda do Congreso e vicesecretaria de Política Social do PP, Ana Pastor (d), coa alcaldesa de Mos (Pontevedra), Nidia Arévalo. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta