A Xunta quere converter o Pazo de Meirás no "faro da igualdade" logo de votar en contra da súa devolución

O Goberno Galego votou en contra da devolución do inmoble en 2017. Agora planifica unha xestión que nin sequera está garantida, xa que depende do Estado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/11/2020 | Actualizada ás 13:54

Comparte esta noticia

Un "faro para a igualdade" e a creación. O Goberno galego xa traballa no deseño dun plan de usos para o futuro do Pazo de Meirás, no caso de que o Estado decida ceder a xestión destas instalacións á comunidade autónoma.

A pesar de que aínda non hai resposta á petición formal trasladada nesta liña pola Xunta ao Estado, o titular de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, avanzou algunhas das liñas do plan no que traballa a administración para a futura xestión do inmoble e que pasa por recuperar o obxectivo inicial de Emilia Pardo Bazán.

"Defínese como unha fantasía persoal de Dona Emilia, que foi pioneira do feminismo en España. E foi un lugar para a creación cultural e á creación literaria".

A Xunta cre, neste sentido, que o inmoble "se debe converter nun faro da igualdade" e aposta por convertelo nun referente como espazo "para reivindicar o papel" e "a forza creativa da muller".

Todo iso, no entanto, "sen obviar en ningún momento" a historia do Pazo e "que aí viviu un ditador", e que se trata dun lugar de creación que "foi deturpado polo Franquismo".

Rodríguez sinalou na Xunta fará partícipe á sociedade do deseño deste plan de usos, para definir un documento "consensuado" e "ter un punto de partida para que Meirás sexa un lugar aberto á cidadanía, de convivencia e reivindicación" creativa, no que se lembre toda a historia do inmoble partindo "da idea inicial de Dona Emilia".

Finalmente, reiterou que a Xunta confía en que o Estado ceda a xestión do inmoble posto que se trata dunha petición "lóxica e xusta", tendo en conta que "foron os galegos quen compraron" o Pazo antes da súa entrega ao ditador e que Galicia asumiu un rol transcendental na recuperación do edificio, declarado BIC, para o patrimonio público.

Técnicos da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia realizan o inventario do Pazo de Meirás. M. Dylan - Europa Press
Técnicos da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia realizan o inventario do Pazo de Meirás. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta