A noite de Nadal deixa os termómetros por baixo dos -6º en varios concellos galegos

Entre eles estaba Calvos de Randín, Baltar e Verín.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/12/2020 | Actualizada ás 13:03

Comparte esta noticia

Galicia viviu unha noite de Nadal frío con temperaturas xélidas ao amencer nas zonas montañosas e interiores das provincias de Lugo e Ourense, onde os termómetros se esborrallaron por baixo dos menos 6 graos centígrados en varios puntos da xeografía galega.

A mínima da xornada rexistrouse en Calvos de Randín (Ourense). Alí, os termómetros de Meteogalicia rozaron os 7 graos baixo cero ás 09,00 horas deste sábado, cando se alcanzaron os -6,9ºC.

Noutras zonas da provincia de Ourense tamén arrincou o día con temperaturas por baixo dos 6 graos negativos. Foi o caso de Baltar e Verín, onde os termómetros marcaban -6,4ºC e -6,3ºC, respectivamente, minutos despois das 09,00 horas.

Viana do Bolo (Ourense), Sarria (Lugo), O Cebreiro (Lugo), A Veiga (Ourense), Muras (Lugo) ou Baleira (Lugo) foron outros dos puntos máis fríos da xornada, con temperaturas por baixo dos 5 graos negativos.

Muller abrigada
Muller abrigada | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta