PPdeG e Ciudadanos compiten en Galicia para ver quen defende máis o "español"

Os populares rexistran na Cámara unha iniciativa presentada por Cs en novembro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/12/2020 | Actualizada ás 20:29

Comparte esta noticia

A coordinadora de Cidadáns en Galicia, Beatriz Pino, lembrou este mércores que a súa formación "defenderá o español tanto dentro como fóra das institucións". Díxoo en clara alusión ao PP que asumiu como propia unha iniciativa que foi rexistrada pola formación laranxa o pasado mes de novembro, co obxectivo de que se defenda o uso do castelán como lingua vehicular en Galicia.

Asi, a responsable da formación liberal sinalou que Cs "naceu para defender a liberdade dos españois para poder utilizar a lingua que desexen", polo que se opuxo a "a discriminación do español que contempla a nova Lei de Educación".

Pino asegurou que o Parlamento de Galicia esixirá ao Goberno central "e grazas á nosa pregunta" o mantemento do castelán como lingua vehicular en Galicia e en toda España. "Seguiremos traballando para defender os dereitos de todos os galegos, tanto dentro como fóra das institucións".

Albert Rivera, líder de Ciudadanos, na manifestación unionista de Barcelona
Albert Rivera, líder de Ciudadanos, na manifestación unionista de Barcelona | Fonte: M.N.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 nostrus

Non se trata de defender o español, sinon o bilingüismo, que é a realidade lingúistica social de Galicia, pero o PP cou seu disfraz de nacionalista é capaz de facer o ridículo e os naZiotas teñen o galego como a súa relixión propia e particular e na que pretenden evanxelizar a poboación na lingua verdadeira. Ninguén está contra o galego inda que sexa unha lingua innecesaria e de excasa utilidade, pero moitos galegos a prefieren para comunicarse e sin embargo si hai energúmenos que están contra o español a pesar de ser unha lingua moi utilizada en Galicia e con un potencial comunicativo inmenso. En Galicia "bilingüismo" e aos naziotas non facerlle p*to caso. Que sigan nas súas fantasías como si se tratara dunha inxesta masiva de licor-café. Feliz aninovo a todos.

1 Xavolve

Xa está a nostruspino ca súa monomanía da libertálibertálibertá...