Galicia en positivo

Cando os problemas somente se perciben dende un único punto de vista e un grupo político asume a reivindicación dos mesmos acontece, con bastante frecuencia, que ise grupo pretende monopolizar todo o que se refire ó tema en cuestión e, dende unha posición de certa prepotencia dá carnés de autenticidade e dicta as formas de actuar.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 11/07/2013

Comparte esta noticia
Pero, cando na solución do tema non se avanza, nace o vitimismo, actitude  que non é, nin máis nin menos, que  unha forma  de desplazar as culpas ós demais, esquecendo as propias, o que ven a amosar certa incapacidade para solucionar o asunto referido.
 
Isto acontece con suma frecuencia na nosa terra onde, sectores políticos vinculados ó nacionalismo siguen  instalados na reivindicación utópica e irreal,  e cada día camiñan  máis  alonxados da realidade social. Pola contra,  outros grupos máis silenciosos  de  xente non adcrita políticamente, pero que sinte o país, lanza iniciativas que paso a paso van xermolando; formas que son como  raíces que auguran un futro prometedor,  pois parten da base de que o noso idioma   non é patrimonio exclusivo dos que o reivindican baixo un prisma estrictamente ideolóxico e  sectario.
 
Iste é o caso do foro Enrique Peinador, grupo que  dende o seu nacemento foi tomando iniciativas como a creación da irmandade de Adegueiros, a cal na asamblea anual, celebrada  o pasado sábado na  Rectoral de Santo André de Ribadavia decidiu ampliar o seu  ámeto de acción, para convertirse  na Irmandade de Agroalimentarios e Adegueiros, admitindo no seu seo a 31 empresas do gremio da alimentación, que xunto coas 40 adegas que iniciaron o proceso, aumentan o número de entidades que comprométense  a etiquetar os productos que elaboran  en galego. Adquiren, polo tanto,  un compromiso de país para defender e promocionar a economía real que nace do traballo do sector primario. Polo que o proxecto conta a día de hoxe con un número que supera as setenta empresas galegas. Empresas identificadas  co consumo e promoción dos nosos productos. Créase  polo tanto   un circuito empresarial que xenera riqueza dentro da terra, que promociona os noso e que dá emprego sobre todo nas zonas do rural, o que redunda  nun gran beneficio para as comarcas onde se asentan este entes.
 
Velaí unha iniciativa apartidaria que medra de ano en ano, á que agora se suman as organización políticas, cuestión positiva para achegalas ós problemas que afectan  ó sector primario e ó mundo rural. Para achegalas ó mundo da empresa o que lles permitirá  entender mellor a realidade  dos problemas diarios e fuxir dalguns dogmatismos e tópicos  estériles.
Velaí unha maneira de pasar da dialectica  reivindicativa e teórica á   de buscar iniciativas positivas. 
 
Noraboa ós membros do foro Peinador, que loitan por visualizar unha Galicia en positivo; noraboa a todas as empresas que apostan polo traballo en clave de pais; noraboa  ós consumidores que así o entenden, e a todas as persoas que fan posible que  o idioma entre no mundo da empresa. Noraboa  ás persoas que cren na lingua como elemento base da economía real e que busca un consumo dos nosos productos responsable e util para Galicia. Noraboa ós que traballan por unha Galicia en positivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com