A EOI e conservatorios galegos suspenderán o ensino presencial desde este mércores

Os docentes terán que impartir clases telémáticas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2021 | Actualizada ás 08:30

Comparte esta noticia

O Goberno galego implantará o ensino virtual nas escolas oficiais de idiomas e nos conservatorios a partir deste mércores, aínda que manterá a presencialidade no resto de niveis.

Así llo trasladou o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, ás organizacións sindicais durante un encontro de urxencia para abordar as últimas medidas anunciadas pola Xunta para facer fronte á COVID-19.

Segundo trasladan desde CIG-Ensino e ANPE Galicia, a EOI e os conservatorios superiores, profesionais, de música e danza suspenderán a presencialidade desde o 27 de xaneiro e implantarase o ensino virtual ata o 17 de febreiro.

Tampouco se prevé, segundo trasladan desde CIG, limitar a mobilidade do alumnado de FP ou Bacharelato fóra da hora de recollida. Os docentes que teñan que impartir ensino virtual poderán facelo tanto desde o centro como desde o seu domicilio, sempre que se garanta a conectividade, engaden.

Doutra banda, ANPE presentou unha solicitude para a convocatoria urxente da Comisión de Seguimento do Acordo de Interinos e da Mesa Sectorial de Educación para pedir aclaracións respecto da extinción do corpo de profesores técnicos de FP.

Escola Oficial de Idiomas de Santiago
Escola Oficial de Idiomas de Santiago | Fonte: EOI Santiago

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Bismutiño

Diferencia importante: los autónomos y los trabajadores de la hostelería ni van a trabajar ni van a cobrar. Los funcionarios de escuelas oficiales de idiomas y conservatorios seguirán cobrando sin trabajar.

1 Ves mudiño

“ Os docentes que teñan que impartir ensino virtual poderán facelo tanto desde o centro como desde o seu domicilio” É dicir (para os que non saben ler ou pensan que non saben os demáis): os funcionarios van seguir traballando exactamente igual, nalgúns casos dende casa e noutros casos no propio centro, no seu horario habitual mais telemáticamente. E seguen a cobrar porque seguen a traballar. Todo o apoio á hostelería e demanda de axudas para eles mais non a costa de mentir sobre outros traballadores.