Ollo: se tes unha hipoteca estás a tempo de que che devolvan ata 450€ por “gastos abusivos”

Os bancos terá que correr cos gastos de taxación da vivenda grazas a unha sentenza do TS. Se asinaches a túa hipoteca antes de xuño 2019 pódenche devolver o importe deste trámite.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2021 | Actualizada ás 11:50

Comparte esta noticia

Se asinaches a túa hipoteca antes de xuño de 2019, podes estar a tempo de recuperar parte do investido. A Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (ACOUGA) vén de anunciar que está preparando unha tramitación para que a banca devolva aos seus clientes uns gastos “abusivos” que teñen que ver coa taxación das hipotecas asinadas antes do prazo sinalado. 

Edificio. EUROPA PRESS - Arquivo
Edificio. EUROPA PRESS - Arquivo

A cuestión é que nese mes de xuño de 2019 produciuse a entrada da nova lei hipotecaria, dando lugar a cambio legal que favorece aos consumidores. Así o interpretou o Tribunal Supremo, que vén de resolver que, para os préstamos hipotecarios anteriores a aquela data, o gasto de taxación teñen que asumilo os bancos, de acordo tamén cunha sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea de xullo do ano pasado.

Polo tanto, as persoas que asinaran a súa hipoteca antes dese limiar terán dereito á devolución de “todos os gastos pagados en concepto de rexistro da propiedade, xestoría e taxación, así como da metade dos gastos notariais”, segundo destaca Acouga. Por esta razón, o presidente da Asociación,  Manuel Pérez Arias, recomenda a todos aqueles que asinaron a súa hipoteca antes de xuño de 2019 que reclamen o reintegro das cantidades indebidamente pagadas, un procedemento para o cal poden recorrer ao asesoramento legal da plataforma. 

ATA 450€

Segundo estimacións de ACOUGA, entre o 35% e 40% das hipotecas galegas entrarían neste suposto apuntado agora polo Tribunal Supremo. “O gasto de taxación da vivenda”, apuntan, “representa entre 250 e 450 euros, segundo o valor do inmoble, unha cantidade á que se sumarían os intereses que as entidades bancarias tamén deberían de aboar xunto coa devolución dese gasto abusivo”, engaden.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta