Denuncian o abandono de foxas sépticas en Bande que contaminan terras e un afluente do Limia

O BNG piden á alcaldesa que demande da Xunta axuda para atender estas infraestruturas.

Por Galicia Confidencial | Bande | 08/02/2021 | Actualizada ás 21:20

Comparte esta noticia

O BNG da Comarca Baixa Limia-Terra de Celanova e o BNG de Bande alertan sobre o estado de abandono de varias foxas sépticas que deberían dar servizo a máis dun cento de veciñas e veciños nos núcleos da Pereira, Corvelle, Seoane e Recarei na zona occidental deste concello e situados na parte media da bacía do río Cadós. De feito, militantes do BNG en Bande comprobaron estes días a situación das foxas, "que mesmo son difíciles de identificar entre a maleza o que evidencia o desleixamento".

Estado dunha ds foxas sépticas abandonadas do Concello de Bande
Estado dunha ds foxas sépticas abandonadas do Concello de Bande | Fonte: BNG

Por iso, esta formación avisa que estas foxas non só fan ineficaces os sistemas de saneamento que se foron executando nestas aldeas a principios de século, "senón que, a causa do abandono, producen contaminación en hortas, pasteiros, regos e, ao fin, no río Cadós".

"Hai foxas que se fixeron hai vinte anos e que levan máis de dez sen seren drenadas, o labor de mantemento non existe e non se coñecen os efectos sobre as augas do Cadós, un río de pesca e afluente do Limia, e castigado pola contaminación no núcleo de Bande ou na minicentral de Buxán", sinalan as nacionalistas.

Deste xeito, o BNG da Comarca Baixa Limia-Terra de Celanova apela á responsabilidade da alcaldesa e do goberno local de Bande para levar a cabo traballos de mantemento nestas foxas e, se a precisa, exixir axuda da Xunta, que ultimamente vén difunde promesas de actuacións en Bande que parecen pasar por alto os problemas máis premen á veciñanza e á conservación do medio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta