Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2021 | Actualizada ás 10:09
Unha muller faleceu na tarde deste mércores tras ser atropelada por un ciclista nunha pista no termo municipal de Carballo.
Segundo os datos facilitados pola Garda Civil, os feitos sucederon cando dous ciclistas baixaban por unha "curva pechada" por unha pista na baixada do Monte Neme, en Carballo, e un deles impactou coa muller, que caeu ao chan.
Ao chegar ao lugar, á beira do campo de fútbol de Cances, a patrulla da Benemérita a muller atropelada tiña consciencia, que perdía por momentos. Ao pouco tempo da chegada do persoal sanitario mobilizado, a vítima faleceu, posiblemente, apuntan as mesmas fontes, debido a unha fractura cranial.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.