Os colexios galegos suman 23 aulas pechadas ante o avance da covid

Hai 478 alumnos contaxiados.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/03/2021 | Actualizada ás 14:01

Comparte esta noticia

Os casos activos de Covid-19 en centros educativos de Galicia --escolas infantís e centros de ensino non universitarios-- mantéñense en 478, mentres que as aulas pechadas soben a 23 --tres máis--, e segue unha escola infantil pechada. Segundo datos actualizados este venres pola Consellería de Educación, os positivos nos centros educativos de Galicia mantéñense en 478 despois de detectarse nove positivos e nove altas, mentres que as unidades clausuradas pola Covid-19 pasan de 20 a 23.

Pola súa banda, a Escola Infantil PAI de Tordoia (A Coruña), situada na área sanitaria de Santiago, segue como único centro pechado debido a un positivo no mesmo. Por áreas sanitarias, a da Coruña concentra o maior número de casos activos en centros na Comunidade galega, con 197, o que supón dúas menos, e sete aulas pechadas --sen cambios--. O CPR Plurilingüe Liceo A Paz acumula máis positivos, con dez.

A área sanitaria de Vigo conta con 77 contaxios --cinco menos-- e seis aulas pechadas --unha máis--; mentres que a de Pontevedra rexistra 68 casos activos --un menos-- e ten catro aulas pechadas --unha máis--. Pola súa banda, na área de Santiago e Barbanza baixan a 42 os casos activos --un menos-- e mantéñense nunha as aulas pechadas; mentres que na de Ferrol soben a 45 os contaxios --catro máis-- e segue unha aula pechada.

En concreto, na área ferrolá realízase entre este xoves e venres un cribado a 390 profesores e alumnos no CPR Tirso de Molina de Ferrol que nos datos actualizados por Educación --con rexistros ata o xoves-- recollen 10 casos activos. Por parte da área sanitaria apuntaron que os resultados preliminares das probas non concluídas confirman 23 positivos.

En canto á área de Lugo concentra 28 contaxios --catro máis-- e volve ter unha aula pechada --este xoves non contaba con ningunha--; e na de Ourense soben a 21 os casos activos --un máis-- e seguen tres aulas pechadas.

Interior dunha aula dun colexio público.
Interior dunha aula dun colexio público. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta