Interceptan a unha parella que se saltou o peche perimetral de Galicia e circulaba a 170km na AP-9

Foron interceptados en Oroso o pasado mércores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/04/2021 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Unha patrulla do Sector de Tráfico da Garda Civil interceptou a unha condutora que circulaba a 170 quilómetros por hora pola AP-9. Ademais, os axentes comprobaron que tanto ela como a súa parella, que viaxaba no mesmo vehículo, saltaron o peche perimetral de Galicia decretado para a Semana Santa.

Ocorreu o pasado mércores durante un control de velocidade dinámico establecido polo Instituto Armado no quilómetro 52 da Autoestrada do Atlántico, que coincide co termo municipal de Oroso.

Alí, tras detectarse un turismo que circulaba a 170 quilómetros por hora, os axentes déronlle o alto e procederon a identificar á condutora. Foi entón cando comprobaron que era unha cidadá residente doutra comunidade autónoma, acompañada da súa parella, e que entrara en Galicia sen respectar o peche perimetral.

Así, ademais da multa por exceso de velocidade á que se enfronta a condutora, ambos foron propostos para sanción administrativa por incumprir as restricións de mobilidade establecidas polas autoridades sanitarias no contexto da pandemia do coronavirus.

Control de tráfico da Garda Civil.. GARDA CIVIL
Control de tráfico da Garda Civil.. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta