Ryanair terá tres novas rutas este verán desde Santiago a Forteventura, Eivissa e Menorca

Por E.P. | Santiago de Compostela | 08/04/2021 | Actualizada ás 18:28

Comparte esta noticia

A aerolínea irlandesa Ryanair anunciou unha extensión do seu calendario de verán 2021 para España que inclúe tres novas rutas desde Santiago de Compostela a Forteventura, Eivissa e Menorca.

As novas conexións operarán con dous voos semanais a partir de xullo, segundo informou este xoves a compañía nun comunicado.

Ademais, a aeroliña aumentará as frecuencias entre a capital de Galicia e Sevilla, de forma que pasará a ter sete frecuencias semanais.

Con motivo da extensión na súa programación, Ryanair lanzou unha oferta de asentos con voos a partir de 19,99 euros para viaxar ata finais de outubro. 

Avións de Ryanair
Avións de Ryanair | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta