Adif licitará nas próximas semanas a ampliación da estación de Santiago

O ministerio fai efectiva a anulación da cláusula que condicionaba estas obras a que se superase os 3,5 millóns de viaxeiros

Por E.P. | Santiago de Compostela | 08/04/2021 | Actualizada ás 19:15

Comparte esta noticia

O ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luís Ábalos, anunciou que Adif licitará nas próximas semanas as obras de ampliación e mellora da estación ferroviaria de Santiago de Compostela.

Recreación da estación intermodal de Santiago de Compostela.
Recreación da estación intermodal de Santiago de Compostela.

Deste xeito, o ministerio fai efectiva a anulación da cláusula que condicionaba estas obras a que se superase os 3,5 millóns de viaxeiros. "Non chegamos a esa cantidade, pero licitaranse as obras" sen que ese limiar constitúa unha condición, indicou.

Ábalos explicou que "non existe ningún condicionante" que requira que se teña que elaborar un novo convenio, tendo en conta que Adif asumirá o 100% das obras, o que permitirá "ser máis áxiles". "Optamos pola licitación directamente das obras pola nosa banda, o proxecto está tecnicamente aprobado e xa lanzado o proceso para a ampliación", apuntou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta