Preto dunha trintena de espectáculos afectados por restricións da pandemia volven a escena con apoio da Xunta

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2021 | Actualizada ás 14:19

Comparte esta noticia

Espectáculos de pasadas tempadas de 28 compañías de teatro, danza, circo e maxia, que se viron afectados por restricións da pandemia, volven representarse tras recibir axudas da Consellería de Cultura.

A esta liña de extraordinaria de apoios, xa resolta en novembro de 2020 no marco do plan reactivación cultural, o Goberno galego destinou un total de medio millón de euros. O obxectivo é relanzar montaxes cuxa exhibición se viu afectada polas restricións sanitarias. Actualmente, máis do 75% das formacións beneficiarias terminaron ou están a acabar a recuperación destes espectáculos.

Sarabela, Excéntricas, Teatro do Noroeste, Ningures, Talía, Ibuprofeno, A Macana e Carlota Pérez, entre outros, terminaron o proceso de recuperación de proxectos subvencionados, coa combinación de residencias artísticas e representacións.

Obra de teatro 'Medida x Medida', de Producións Teatrais Excéntricas. PRODUCIÓNS TEATRAIS EXCÉNTRICAS
Obra de teatro 'Medida x Medida', de Producións Teatrais Excéntricas. PRODUCIÓNS TEATRAIS EXCÉNTRICAS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta