Temas: CINEMA

Entrevista a Sabela Arán Román, actriz

Aproveitando unha das súas sesións fotográficas, das que neste artigo temos unha boa mostra, a fotógrafa onbense-compostelana Sue Rainbow dispara unha serie de preguntas rápidas á actriz Sabela Arán Román (Matalobos, Vilamor)

Por GC Tendencias | Galicia | 06/10/2013 | Actualizada ás 09:35

Comparte esta noticia

Sempre quixeches ser actriz?

Sabela Arán por Sue Rainbow
Sabela Arán por Sue Rainbow

Como xurdiu o teu desexo pola actuación?

Vendo "Os Goonies". Víaa todas as noites antes de deitarme ("Mary Poppins" tamén, pero diso xa non me sinto tan orgullosa...). Eu tamén quería saír na tele e contar como encontraba un barco pirata cheo de tesouros.

A túa familia apoiouche?

Si claro! dende o principio

Fixeches amigos neste traballo?

Sabela Arán por Sue Rainbow
Sabela Arán por Sue Rainbow

Moitos e moi bos.

Segundo ti, cuales son as cousas básicas para facer unha boa interpretación?

ACTUAR, saber transmitir o que o personaxe esixe e que o espectador /público o capte.

Cres que é difícil o teu traballo?

Si. Non é só difícil o traballo senón traballar

Cal sería o teu papel favorito para protagonizar?

Ufff esta é difícil. Nestes momentos un soldado nunha peli bélica.

Como definirías coas túas palabras un bo actor?

Aquel que consegue que creas o que conta e que te sorprende con cada traballo. A versatilidade é moi importante.

Que non te atreverías a facer en actuación?

Sexo explícito

Arrepínteste de algo que fixeches na vida?

Non

Cres que nun actor o físico e o éxito van da man?

Non, creo que ter un físico determinado ten os seus pros pero tamén as súas contras.

Veste actuando toda a vida?

Encantaríame poder dicir nalgún momento que dediquei toda a miña vida a traballar do que realmente me gusta.

Es das que se preocupan polo físico ou por verse ben?

Depende do momento e circunstancias. Inténtolle dar a importancia que ten.

Es tímida?

En xeral non.

Por último, Que destacarías de Galicia para animar a que a xente a visite e que o inclúa entre os seus destinos turísticos?

Galicia teno todo: paisaxes, gastronomía, cultura, historia... E xente incrible. Non fai falta vendela, véndese soa

Sabela Arán Román

Representante: José Triana - www.josetriana.com

Twitter: @Sabela_aran

Sabela Arán por Sue Rainbow
Sabela Arán por Sue Rainbow
Sabela Arán por Sue Rainbow
Sabela Arán por Sue Rainbow
Temas: CINEMA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Fashion

Tem um certo parecido com a de "Non Saímos do Lixo".