Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/04/2021 | Actualizada ás 13:01
A dirección de BBVA expuxo o despedimento de 3.798 persoas e o peche de 530 oficinas --59 delas en Galicia, Asturias e Castela e León-- nun procedemento que fundamenta en motivos produtivos e organizativos derivados da transformación dixital, segundo fontes da negociación consultadas por Europa Press. O plan de axuste aplicarase concretamente sobre os servizos centrais e a rede de sucursais de BBVA S.A., que conta con ao redor de 23.300 empregados, quedando fóra o resto das sociedades da entidade en España.
MÁIS DE CEN DESPEDIMENTOS EN GALICIA
A dirección de BBVA expuxo o despedimento de 3.798 persoas, delas 111 en Galicia-- e o peche de 530 oficinas --59 entre a comunidade galega, Asturias e Castela e León-- nun procedemento que fundamenta en motivos produtivos e organizativos derivados da transformación dixital, segundo fontes da negociación consultadas por Europa Press.
O plan de axuste --que por provincias se corresponde con 66 saídas na Coruña, 26 en Pontevedra, 10 en Ourense e nove en Lugo-- aplicarase en concreto sobre os servizos centrais e a rede de sucursais de BBVA S.A., que conta con ao redor de 23.300 empregados --uns 820 en Galicia--, quedando fose o resto das sociedades da entidade en España
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.