Negativa da Xunta a que os Franco retiren os bens BIC de Meirás: "son de Galicia"

O conselleiro de Cultura asegura que procurarán "argumentos xurídicos para defender o patrimonio cultural galego e dos españois".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/04/2021 | Actualizada ás 14:01

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, manifestou que a Administración galega exercerá o seu marco competencial co obxectivo de que as estatutas do Mestre Mateo e a biblioteca de Emilia Pardo Bazán, que cualificou como "bens patrimoniais de Galicia", queden nesta autonomía.

A preguntas dos xornalistas, e tras o escrito presentado no Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña por parte da familia Franco para a retirada de "todos os bens" do inmoble --incluídos, segundo precisou a Europa Press o seu letrado, os anteriormente citados, cualificados como Ben de Interese Cultural (BIC)--, o conselleiro incidiu en que estamos "ante unha cuestión xurídica que se debate con argumentos xurídicos".

Neste sentido, reiterou que se traballará "conxuntamente" co Goberno, a través dos seus respectivos servizos xurídicos, e insistiu en que a Xunta exercerá "as súas competencias nas materias que ten, a mobilidade dos bens BIC", apostilou en relación ás estatuas do Mestre Mateo e a biblioteca de Emilia Pardo Bazán.

"Cando coñezamos con detalle a petición avaliarémola", expuxo o conselleiro, quen recoñeceu que tiveron constancia do escrito do Franco a través dos medios de comunciación e que, xa con constancia formal do mesmo, buscarán "argumentos xurídicos para defender o patrimonio cultural galego e dos españois".

O pazo de Meirás o día da súa devolución ao Estado
O pazo de Meirás o día da súa devolución ao Estado | Fonte: M.Dylan - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta