Os xornalistas David Beriain e Roberto Fraile, asasinados en Burkina Faso

Os actos terroristas atribúense con frecuencia ao grupo local burkinés Ansarul Islam, á coalición yihadista do Sahel Grupo de Apoio ao Islam e os Musulmáns ( GSIM) e ao Estado Islámico no Gran Sahara ( EIGS).

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/04/2021 | Actualizada ás 15:17

Comparte esta noticia

Os xornalista de guerra David Beriain e Roberto Fraile foron asasinados tras ser atacados o luns no leste de Burkina  Faso, segundo informou este martes a ministra de Exteriores,  Arancha González Laya. 

David Beriain
David Beriain | Fonte: Twiter

"Sobre as tres da tarde (deste luns) perdeuse o contacto con eles. D. B.A e  R. F. F.  estaban a traballar nun documental sobre os operativos de  Burkina  Faso contra caza furtiva. É unha zona perigosa por ser zona conflitiva", explicou a ministra de Asuntos Exteriores,  Arancha González Laya, que dixo que a información é confusa e que están en contacto permanente.

Nestes últimos momentos, tras entrar en contacto con autoridades e  famlias, se  confirmaria que os  cadaveres atopados corresponderíanse cos dous xornalistas. Estamos á espera dunha ultima  confirmacion", engadiu.

O suceso ocorreu na zona de  Pama, onde individuos armados  emboscaron a unha patrulla de efectivos  burkineses contra a caza furtiva, na que ían encaixados os dous xornalistas xornalistas e outro irlandés. Unha fonte militar informou a EFE que os xornalistas foran secuestrados.

"Tres xornalistas, entre eles dous españois e un irlandés, foron secuestrados. Os secuestradores lograron levar equipo militar. Están en marcha operacións de procura", declarou a EFE unha fonte militar tras o ataque. Os secuestrados escondéronse nun bosque da zona. Segundo medios locais, que citan a fontes de seguridade, o suceso saldouse tamén con tres feridos e a desaparición dun membro das forzas de seguridade burkinesas.

Aínda que se descoñece, de momento, a autoría deste acto violento,  Burkina  Faso sofre ataques  yihadistas desde abril de 2015, cando membros dun grupo afiliado a Al Qaeda.

Os actos terroristas atribúense con frecuencia ao grupo local  burkinés  Ansarul Islam, á coalición  yihadista do  Sahel Grupo de Apoio ao Islam e os Musulmáns ( GSIM) e ao Estado Islámico no Gran Sahara ( EIGS), que atacan tamén en  Mali e Níxer.

 

David  Beriain traballou durante seis anos en La Voz de Galicia, na sección de Internacional e foi enviado especial deste xornal na segunda guerra de Iraq e en Afganistán. Tamén foi documentalista. O seu traballo  Percebeiros foi seleccionado como finalista nos premios Goya. 

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta