Temas: ERE CIG BBVA

A CIG convoca o 26 de maio folga no BBVA contra o ERE

Suporá en Galicia a perda de 122 empregos e o peche de 26 sucursais.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/05/2021 | Actualizada ás 20:15

Comparte esta noticia

A CIG convocou folga no BBVA o 26 de maio en contra do ERE previsto, que suporá en Galicia a perda de 122 empregos e o peche de 26 sucursais.

Esta xornada de folga realízase no marco da convocatoria a nivel estatal xunto coas organizacións sindicais ELA, LAB, SCAT, SEC e CGT.

Ademais, a CIG chamou a participar en mobilizacións conxuntas este mércores, 19 de maio (18,00 horas), ante oficinas da entidade na Coruña, Santiago, Vigo, Ourense e Lugo.

O sindicato apela a "plantar cara ao banco" e responder "con contundencia" ante o seu plan de despedimentos e "precarización" das condicións laborais.

Traballadores do BBVA concéntranse ante unha das oficinas en contra dos despedimentos, a 10 de maio de 2021
Traballadores do BBVA concéntranse ante unha das oficinas en contra dos despedimentos, a 10 de maio de 2021 | Fonte: María José López - Europa Press.

Temas: ERE CIG BBVA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta