H&M non pechará a tenda de Ourense e trasladará a outra localización a de Vigo

Acorda cos sindicatos reducir o ERE a 349 traballadores.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 21/05/2021 | Actualizada ás 20:54

Comparte esta noticia

A cadea de moda H&M alcanzou un preacordo cos sindicatos para reducir o alcance do expediente de regulación de emprego (ERE) a un máximo de 349 traballadores, fronte aos case 1.100 afectados que propuxera inicialmente a empresa no mes de abril, segundo informou o sindicato Comisións Obreiras (CCOO) este venres.

Nese acordo figura, segundo informou CC.OO., que non se pechará a tenda da firma en Ourense --tampouco as de L'Ila e Loranca--, mentres que o establecemento que estaba previsto clausurar en Vigo trasladarase a outro lugar. O persoal desta última tenda formará parte dun expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) cun 80% de salario.

A formación sindical precisou que este preacordo terá que ser ratificado por cada unha das partes implicadas antes do próximo martes 25 de maio, cando está previsto que se realice a firma do acordo definitivo.

No proceso de negociación, os representantes dos traballadores e a empresa tamén acordaron unha serie de modificacións fronte ás propostas iniciais. Así, a adscrición ao ERE será voluntaria, tendo preferencia as persoas que foron afectadas inicialmente.

A indemnización será de 45/33 días por ano traballado máis unha prima por antigüidade. Os traballadores que teñan ata cinco anos, cobrarán 3.000 euros, entre cinco e dez anos, 4.000 euros; e máis de dez anos, 5.000 euros.

A cambio de reducir o número de despedimentos, a empresa reducirá a xornada para 170 persoas. Esta redución non será superior ao 20% e terá unha duración de dous anos, tras o cal revisarase para "poder volver á súa xornada inicial".

"CCOO valora positivamente o preacordo alcanzado, que permitiu conseguir unha redución importante de persoas afectadas, a alternativa de vacantes e que aquelas persoas que finalmente abandonen a compañía fágano de maneira voluntaria e con boas condicións. Este acordo non fose posible sen o seguimento maioritario que se fixo das mobilizacións por todo o persoal", subliñou o sindicato.

Tenda H&M
Tenda H&M

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta