Os alumnos de Dereito da USC poderán facer prácticas no Parlamento galego

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/05/2021 | Actualizada ás 18:59

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia reforzará o programa de prácticas académicas externas, curriculares e extracurriculares, do alumnado de grao en Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.

Así o recolle un convenio de colaboración educativa asinado este luns polo presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, e polo reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López.

Nun comunicado, a Cámara galega detallou que este documento reforza as diferentes iniciativas de colaboración emprendidas entre o Lexislativo galego e a USC desde 2004, ano no que se rubricou o primeiro acordo orientado a que estudantes de Dereito puidesen realizar o seu Prácticum no Parlamento de Galicia. Desde entón, case 500 alumnos desta facultade realizaron prácticas na Cámara galega. Ao redor de 12 persoas da Administración parlamentaria participan e fan posible esta iniciativa.

O convenio asinado este luns determina a posibilidade de realizar no Parlamento tres tipos de prácticas: as curriculares, recollidas no plan de estudo; as conducentes á elaboración dos traballos de fin de grao e/ou de fin de máster; e as extracurriculares ou complementarias.

O presidente do Parlamento, Miguel Santalices, e o reitor da USC, Antonio López, asinan o acordo no Pazo do Hórreo. PARLAMENTO DE GALICIA
O presidente do Parlamento, Miguel Santalices, e o reitor da USC, Antonio López, asinan o acordo no Pazo do Hórreo. PARLAMENTO DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta