Pontón critica que Xunta e Goberno "non aparquen a confrontación" sobre a desescalada

Considera que é unha confrontación "estéril" e que se trata dun "novo `pim pam pum´ entre PP e PSOE".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2021 | Actualizada ás 14:45

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, lamentou que o PP e o PSOE, en alusión á Xunta e o Goberno central, "non sexan capaces de aparcar unha confrontación estéril" a pesar da pandemia da covid-19 para alcanzar un protocolo para a desescalada.

Preguntada este sábado antes de participar nunha manifestación en Santiago, Ana Pontón afirmou que o Bloque aposta por "defender as competencias propias do autogoberno" e garantiu que continuará nesta liña.

En todo caso, remarcou a importancia de actuar con "precaución" na desescalada, que lamentou que "se utilice" como "un novo 'pim pam pum' entre o PP e o PSOE'".

Deste xeito, reprobou que "nin no medio da pandemia" opten por "aparcar esa confrontación estéril" para alcanzar "unhas mínimas normas" que "respondan con altura de miras" ao "esforzo" realizado pola cidadanía nestes meses.

En concreto, esta semana o Ministerio de Sanidade presentou un documento con normas sobre hostalaría e lecer nocturno e eventos multitudinarios para a 'nova normalidade' de "obrigado cumprimento". Pola súa banda, a Xunta anunciou que seguiría a súa propia "folla de ruta" para a desescalada ata que a súa asesoría xurídica determinase se algunhas "partes" do protocolo eran vinculantes.

Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, en declaracións aos medios este luns. Arquivo.
Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, en declaracións aos medios este luns. Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta