Solucionada a avaría que deixou sen luz a uns 2.000 clientes no centro histórico de Santiago

Pasado o mediodía a maioría de clientes xa recuperaran a rede eléctrica e só quedaban 200 por recuperala.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/06/2021 | Actualizada ás 18:56

Comparte esta noticia

A avaría nun transformador da rede eléctrica de Naturgy, que chegou a deixar sen luz a uns 2.000 clientes do centro histórico de Santiago este domingo, quedou solucionada ao redor das 17,20 horas.

Edificio de Naturgy.
Edificio de Naturgy.

Así o confirmaron a Europa Press fontes da compañía, que explicaron que a incidencia, que tivo a súa orixe na inundación dun transformador situado en Praza do Toural, foi rexistrada sobre as 10,20 da mañá.

Desde entón, técnicos de Naturgy traballaron para devolver o servizo na zona vella tras esta avaría que afectou non só a vivendas particulares, senón tamén a locais de hostalaría. En total, ata 2.000 usuarios víronse prexudicados polo corte.

Pasado o mediodía, sobre as 14,00 horas, a maioría de clientes xa recuperaran a rede eléctrica e tan só quedaban 200 por recuperala. Sobre as 17,20 da tarde, Naturgy deu por pechada a incidencia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta