A Xunta gasta 1,3 millóns en campañas contra o lume e deixa deserto o concurso para a dotación de material

Queda sen adxudicar a adquisición de roupa técnica para o persoal de loita contra os incendios. A Vicepresidencia Segunda destinou 4 millóns noutra campaña de publicidade.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/06/2021 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

O Goberno galego segue gastando millóns de euros públicos en publicidade institucional. Se hai unha semana era a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Industria a que destinaba 4 millóns de euros en campañas propagandísticas, agora é a Consellería do Medio Rural a que, aproveitando o verán e a campaña de incendios, gastará case 1,3 millóns para repartir entre xornais, radios e televisións.

Anuncio e propaganda da Xunta sobre a campaña contra os lumes
Anuncio e propaganda da Xunta sobre a campaña contra os lumes

E este concurso contrasta co que acaba de quedar deserto para dotar de material apropiado aos profesionais contratados pola Xunta para loitar contra os incendios forestais.  Un concurso dotado de 3 millóns de euros que pretendía equipar a estes profesionais con  anorak, forro térmico e cubrepantalón, conxunto de chaqueta e pantalón e traxe e botas de auga.

Con todo, a Xunta si lle deu vía libre ao concurso para para a promoción da prevención, concienciación e sensibilización social contra os incendios forestais durante o 2021 e 2022. O importe de cada anualidade será de 650.000 euros, IVE incluído, para a inserción de publicidade en medios.

Segundo o prego do concurso, ao que tivo acceso GC, este diñeiro terá que ser gastado do seguinte xeito entre o 35% e o 50% en prensa, en un 0 e 2% en prensa especializada (deportiva, económica, etc), entre un 10% e un 25% en radio, entre un 10% e un 25,00% en televisión e entre un 20% e un 4% en medios online. 

Pola contra, quedou deserto o concurso para dotar de material  técnico ao persoal laboral da Dirección Xeral de Defensa do Monte durante os anos 2021, 2022 e 2023. Un concurso que, en boa parte, viña cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

8 MILLÓNS PARA O XACOBEO

 

A fnais do pasado ano a Xunta destinaba case 8 millóns para "unha gran campaña de promoción para potenciar" o Xacobeo de 2021 e, segundo o presidente galego, "apoiar o sector turístico galego". Unha iniciativa que se enmarca dentro das medidas impulsadas para axudar a un dos sectores que máis sufriron o impacto da crise, o turismo, e de paso, outro que o está pasando moi mal, os medios de comunicación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta