Chamada de UGT e CCOO aos empregados de Caixanbak en Galicia para seguir a folga contra os despedimentos

O paro será o vindeiro martes 22 de xuño e os sindicatos avisan que os clientes da entidade "tamén sufrirán as consecuencias destes despedimentos", xa que se pecharán multitude de oficinas e haberá menos persoal.

Por E.P. | VIGO | 18/06/2021 | Actualizada ás 19:53

Comparte esta noticia

Os sindicatos CC.OO. e UGT fixeron un chamamento a secundar a xornada de folga convocada para este martes para mostrar o rexeitamento á decisión de Caixabank de executar un ERE que suporá o despedimento de máis de 7.600 traballadores en toda España, algo menos dun centenar en Galicia.

CC.OO. subliñou que "se realizaron grandes esforzos e necesitáronse semanas de negociación" sobre este ERE para tentar un acordo antes de que expire do prazo dado pola entidade para executar o expediente de regulación, "o máis grande da historia da banca neste país", pero, lamentaron desde o sindicato, "a compañía non está disposta a ceder".

Por iso, a plataforma de unidade sindical convocou xornada de folga para este martes, día no que tamén se realizarán concentracións de protesta polos despedimentos forzosos e os recortes nas condicións do persoal. Así, ás 11,00 horas haberá actos reinvidicativos en Lugo (fronte á Subdelegación do Goberno), onde os despedimentos afectan ao 20 por cento do persoal, e tamén en Vigo e A Coruña.

O sindicato UGT tamén criticou que, a dúas semanas de expirar o prazo para pechar o acordo do ERE, a empresa "segue empeñada en defender unha postura radicalmente contraria aos intereses do persoal".

Os sindicatos advertiron de que os clientes da entidade "tamén sufrirán as consecuencias destes despedimentos", xa que se pecharán multitude de oficinas e haberá menos persoal para atención ao público.

Sede de Caixabank en Barcelona
Sede de Caixabank en Barcelona

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta