A Xunta reforzará realizará test de antíxenos a participantes e monitores dos campamentos de verán

As probas serán gratuítas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2021 | Actualizada ás 13:26

Comparte esta noticia

A Xunta reforzará o protocolo de protección da campaña de campamentos de verán coa realización de test de antíxenos --para detectar posibles casos de Covid-19-- previos a todos os participantes e monitores.

Así o informou este mércores a Consellería de Política Social nun comunicado de prensa con motivo da supervisión dos preparativos por parte da titular deste departamento, Fabiola García, quen acudiu ao albergue xuvenil Mariña Española en Sada (A Coruña), ao que desde este xoves empezarán a chegar os primeiros participantes.

A conselleira de Política Social explicou que a Xunta reforzará o protocolo coa realización dunha proba de antíxenos gratuíta para todos os participantes e monitores antes do inicio dos campamentos, minicampamentos e campos de voluntariado que conforman a 'Campaña de Verán'.

Baixo o lema 'O verán que mereces', a programación estival deseñada pola Xunta ofrece desde xullo e ata setembro unha oferta de "lecer seguro", destaca Política Social, na que se manterán o resto de medidas de protección aplicadas durante a pasada edición, como a redución de aforamento, o incremento do número de monitores, o reforzo das medidas de desinfección e limpeza ou a adaptación das actividades ás normas hixiénico-sanitarias.

Fabiola García destacou que as familias galegas volven confiar este ano na campaña de verán do Goberno galego porque o 98 por cento das prazas ofertadas nos campamentos xa foron adxudicadas.

Fabiola García visita un campamento na Illa de Sálvora en compañía de Anxos Vázquez.
Fabiola García visita un campamento na Illa de Sálvora en compañía de Anxos Vázquez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta