O 54% da poboación galega está xa inmumizada

Avanza a vacinación do grupo de 30 a 39 anos con 34.071 cidadáns máis con polo menos unha picada

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/07/2021 | Actualizada ás 12:04

Comparte esta noticia

Máis do 71 por cento da poboación de Galicia ten polo menos unha dose da vacina contra a Covid-19, o que supón 35.686 cidadáns máis que a xornada anterior, mentres avanza o proceso de inmunización con 1.330.260 persoas co proceso finalizado, 3.613 máis que o día pasado, que constitúen o 54,19% con pauta completa.

Segundo os datos actualizados na mañá deste mércores pola Consellería de Sanidade con rexistros ata o peche da xornada de vacinación do martes, recollidos por Europa Press, administráronse 2.937.055 dose das 3.187.685 recibidas ata o momento.

Dos datos publicados dedúcese que a xornada de vacinación deste martes en Galicia centrouse en vacinar a persoas do grupo de 35 a 39 anos especialmente, con 24.046 cidadáns máis, e de 30 a 34, con 10.025 máis.

GRUPOS DE IDADE

Por grupos de idade, recibiron polo menos unha dose ata o momento 131.173 persoas maiores de 85 anos (+9); 96.016 de 80 a 84 anos (+6); 134.151 de 75 a 79 anos (+12); 152.658 de 70 a 74 anos (+16); 159.759 de 65 a 69 anos (+48); 169.627 de 60 a 64 anos (+101); 183.989 de 55 a 59 anos (+248) e 191.657 de 50 a 54 anos (+649).

A elas súmanse 196.322 persoas de 45 a 49 anos (+139) e 186.817 de 40 a 44 anos (+339). Así, ata o momento foron vacinadas 383.139 cidadáns de 40 a 49 anos, un 86,48 duns 443.000 habitantes desta franxa de idade.

Indicacións para o punto de vacinación nun hospital / M. Dylan - Europa Press / Europa Press
Indicacións para o punto de vacinación nun hospital / M. Dylan - Europa Press / Europa Press

Así mesmo, foron vacinadas 94.480 persoas de 35 a 39 anos (+24.046) --colectivo ao que se empezou a vacinar por idade o fin de semana pasado--; 28.505 de 30 a 34 anos (+10.025); 14.665 de 25 a 29 anos (+28); 7.901 de 20 a 24 anos (+21); 814 de 15 a 19 anos e 12 de 10 a 14 anos (sen cambios).

En total, 1.748.546 persoas recibiron polo menos unha dose da vacina en Galicia, un 71,23% da poboación diana a vacinar na Comunidade galega --2.454.497 cidadáns, segundo os datos do Ministerio de Sanidade--, 35.686 máis que a xornada pasada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta