En que nivel de restricións está o meu concello?

Ourense, única cidade no máximo nivel de alerta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/07/2021 | Actualizada ás 12:39

Comparte esta noticia

O incremento sostido de contaxios nas últimas dúas semanas no marco da Comunidade galega vén de levar á Xunta de Galicia a implantar novas restricións á hostalaría e a ampliar a listaxe de concellos en nivel medio e alto de restricións. Así, o comité clínico dependente da Consellería de Sanidade vén de propoñer para nivel de restricións alto aos seguintes concellos coa corrección de incidencia --é dicir, tendo en conta as hospitalizacións e urxencia--:Ourense, Barbadás, A Illa de Arousa, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa e O Barco de Valdeorras.

Varias persoas na terraza dun bar, na Rúa da Raíña, a 6 de xuño de 2021, en Santiago de Compostela.. César Arxina - Europa Press
Varias persoas na terraza dun bar, na Rúa da Raíña, a 6 de xuño de 2021, en Santiago de Compostela.. César Arxina - Europa Press

No nivel medio estarán: Culleredo, Porto do Son, Carballiño, Sarria, A Pobra do Caramiñal, Marín, Pontevedra, Redondela, Vigo, Caldas de Reis, Salceda de Caselas e Boiro. Ademais, baixo "vixilancia especial" e neste mesmo nivel estarán Sanxenxo, Ribadavia e Poio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta