Piden a caducidade da lincencia dunha mina na Gudiña comprada "para especular" por unha empresa sueca

A concesión mineira afecta o Parque Natural de Montesinhos, en Portugal, e o LIC de Pena Maseira. Ata agora era propiedade de Valoriza Minería, do Grupo Sacyr. O proxecto está a apenas 1 km da fronteira portuguesa e, mesmo así, non foi sometido á avaliación ambiental transfronteiriza A Administración da Xunta non declarou a caducidade da concesión a pesar que a mina nunca chegou a ter actividade Ourense, agosto de 2021.- Ecoloxistas en Acción vén de remitir unha batería de escritos ás consellerías de Economía, Innovación e Empresa e Medio Ambiente, así como á Valedora do Pobo, poñendo en evidencia cómo as Administracións permitiron que permanecera vixente unha concesión de explotación mineira de estaño e volframio na Gudiña, á que se outorgou Declaración de Impacto Ambiental favorable en 2014 e autorización mineira en 2015, pero que nunca tivo actividade. A lexislación establece que as as concesións mineiras caducarán de non iniciarse os traballos ou por incumprimento dos prazos aprobados nos proxectos, mentres que as DIA perden a súa vixencia aos 4 anos. Non obstante, a Administración mineira non só non iniciou os trámites de caducidade, se non que tentou ocultar a falta de actividade mediate informes. A actuación frente a este proxecto mineiro débese a que afecta directamente ao LIC Pena Maseira, dentro da rede Natura 2000, e está a apenas a 1 km de distancia do Parque Natural de Montesinhos, en Portugal, a pesar do que a Xunta de Galicia non tramitou no seu día o preceptivo procedemento de avaliación de impacto ambiental trasfronteiriza. Mentres se supoñía que a explotación extraería 5.000 toneladas anuais en varias cortas a ceo aberto, a imposibilidade de transladar o material en camións ata as instalacións da mina de San Finx en Lousame, por non contar tampouco aquela explotación das autorizacións ambientais necesarias, fixo a produción fose cero. De feito, en abril deste ano Valoriza Minería (Grupo Sacyr) vendeu a totalidade das súas participacións na empresa concesionaria, da que tiña o control maioritario, adquiríndoas unha sociedade instrumental alemana creada en Berlín un mes antes para completar a adquisición. A nova empresa, LMBI Vermögensverwaltungs GmbH, está vinculada a Roberto García Martínez e á mercantil sueca Eurobattery Minerals AB, cuxa filial galega ven de ser expedientada por realizar sondeos ilegais no que denomina “proxecto Corcel”, outro proxecto de mina a ceo aberto de cobre, níquel e cobalto situado entre Santa Comba e Coristanco. Ecoloxistas en Acción descofía que a nova titular irá continuar a especular con este dereito mineiro poñendo en risco a integridade de espazos ambientalmente sensibles, como xa o fixo coa Braña da Serra de Castriz, e por iso demanda a que se cumpra coa lexislación declarando a caducidade tanto da concesión mineira como da autorización ambiental.

Por Galicia Confidencial | A Gudiña | 09/08/2021 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

Ecoloxistas en Acción vén de remitir unha batería de escritos ás consellerías de Economía, Innovación e Empresa e Medio Ambiente, así como á Valedora do Pobo, denunciando o feito de que distintas administracións permitiron que permanecera vixente unha concesión de explotación mineira de estaño e volframio na Gudiña, á que se outorgou Declaración de Impacto Ambiental favorable en 2014 e autorización mineira en 2015, pero que nunca tivo actividade.

A lexislación establece que as as concesións mineiras caducarán de non iniciarse os traballos ou por incumprimento dos prazos aprobados nos proxectos, mentres que as DIA perden a súa vixencia aos 4 anos. "Non obstante, a Administración mineira non só non iniciou os trámites de caducidade, se non que tentou ocultar a falta de actividade mediate informes", critica nun comunicado.

A actuación frente a este proxecto mineiro débese a que afecta directamente ao LIC Pena Maseira, dentro da rede Natura 2000, e está a apenas a 1 km de distancia do Parque Natural de Montesinhos, en Portugal, a pesar do que a Xunta de Galicia non tramitou no seu día o preceptivo procedemento de avaliación de impacto ambiental trasfronteiriza. "Mentres se supoñía que a explotación extraería 5.000 toneladas anuais en varias cortas a ceo aberto, a imposibilidade de transladar o material en camións ata as instalacións da mina de San Finx en Lousame, por non contar tampouco aquela explotación das autorizacións ambientais necesarias, fixo a produción fose cero", apuntan os ecoloxistas.

De feito, en abril deste ano Valoriza Minería (Grupo Sacyr) vendeu a totalidade das súas participacións na empresa concesionaria, da que tiña o control maioritario, adquiríndoas unha sociedade instrumental alemana creada en Berlín un mes antes para completar a adquisición.

A nova empresa, LMBI Vermögensverwaltungs GmbH, está vinculada a Roberto García Martínez e á mercantil sueca Eurobattery Minerals AB, cuxa filial galega ven de ser expedientada por realizar sondeos ilegais no que denomina “proxecto Corcel”, outro proxecto de mina a ceo aberto de cobre, níquel e cobalto situado entre Santa Comba e Coristanco.

Ecoloxistas en Acción descofía que "a nova titular irá continuar a especular con este dereito mineiro poñendo en risco a integridade de espazos ambientalmente sensibles, como xa o fixo coa Braña da Serra de Castriz". Por iso demanda a que se cumpra coa lexislación declarando a caducidade tanto da concesión mineira como da autorización ambiental.

Actividades mineiras nunha mina de cobre
Actividades mineiras nunha mina de cobre | Fonte: Ecoloxistas en Acción

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta