O Concello de Pontevedra sinala a ENCE e a PP de estaren detrás das "situacións de violencia" durante as protestas

A portavoz do Goberno local de Pontevedra, Carme Da Silva, subliñou que "no canto de cumprir coas súas obrigacións e buscar unha alternativa o que fan é alentar e propiciar situacións de violencia".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/08/2021 | Actualizada ás 15:53

Comparte esta noticia

A portavoz do Goberno local de Pontevedra, Carme Da Silva, acusou ao Partido Popular de "alentar e propiciar situacións de violencia" como a protesta deste mércores dos traballadores da fábrica de ENCE, que cortaron os accesos á cidade con barricadas nunha mobilización que non estaba anunciada. "Volvemos vivir hoxe en Pontevedra unha xornada de violencia, consecuencia da situación na que está tanto a empresa como o PP alentando este tipo de prácticas", dixo a portavoz municipal.

Dá Silva reiterou que a situación na que está Ence en Lourizán "é consecuencia directa das decisións empresariais de ENCE e das decisións políticas do Partido Popular", tanto na Xunta como no Goberno do Estado, que "fracasaron na súa estratexia" xa que "sabían que tiñan que buscar un alternativa" pero "tentaron confundir aos traballadores e á sociedade de Pontevedra". "É viable, hai sitios en Galicia", resaltou Da Silva, "o que non poden dicir é que Lourizán, que é ilegal, é a única alternativa".

A edil nacionalista subliñou que "no canto de cumprir coas súas obrigacións e buscar unha alternativa o que fan é alentar e propiciar situacións de violencia". Tamén indicou que as decisións sobre o traslado e a viabilidade da fábrica e do sector forestal as teñen que tomar a propia empresa Ence e tamén o Estado e a Xunta.

Ademais a concelleira do BNG afirmou que o Concello de Pontevedra o que fixo é "defender os intereses xerais" e lembrou que "non está xustificado que Ence siga aí", como sinala a sentenza da sala do contencioso-administrativo da Audiencia Nacional que estima o recurso municipal contra as resolucións da Administración central polas que se acordou outorgar unha prórroga de 60 anos para a fábrica de pasta de papel.

Carme Da Silva volveu a pedir á dirección de Ence e ao PP "que manden parar esta Ence-borroka" e engadiu que "a mellor forma de demostrar que non se está de acordo coa violencia é adoptar as medidas necesarias para que non se faga e iso está nas mans de Ence e do Partido Popular". "De non facelo serán responsables dos feitos de violencia que se produzan en Pontevedra", resolveu.

Un traballador de Ence tira un colector para protestar contra o peche da pasteira de Lourizán. Beatriz Ciscar - Europa Press
Un traballador de Ence tira un colector para protestar contra o peche da pasteira de Lourizán. Beatriz Ciscar - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

4 Sentidiño

Que pasou cos mineiros? Que pasou na reconversión do psoe? Que pasou co metal?.... Pois o que pasa sempre: os capitalistas e os políticos do pp chucharon os beneficios, mais as indemnizacións dos traballadores pagámolas todas. É o capitalismo de chiringuito, amigo!

1 Miguel Guti

Pouco sentido ten o teu argumento cando o goberno que mais aplicou políticas o desindustrialización foi o PSOE, co cal o señor Lores e o BNG parecen estar cómodos. Ollo, o tema de ENCE non sei vai solucionar pedindo "que se marchen para Madrid" como escribiu mais abaixo un lector, se non que a única solución é que a economía sexa subordinada ao ben común, poñendo todos os medios necesarios para que se planifique a mesma e así se eviten nun futuro industrias contaminantes, porque no capitalismo de amigos o único que interesa e que os ricos se fagan mais ricos, e nese xogo participan todos, mesmo os nacionalistas. Un saúdo.

2 Sentidiño

Agradécese o ton. Saúde.

3 Fiolo

Vaya por Dios. No van a dejar a Lores que disfrute de sus fiestas exclusivas. Pobre hombre. Que será eso de luchar por el puesto de trabajo

2 Xanc

Estes aínda non se enteraron que foi a sentenza da Audiencia Nacional a que os larga da ría. Se por Lores e moitos máis fose, xa os teríamos largado da ría moito antes. Con ENCE marchan os impostos a Madrid, contamina e degrada a ría e coloca a cargos do PP con soldos millonarios. Vamos! 3x1! Ence fóra da ría e de Galicia. Fin da eucaliptización e dos incendios

1 Gheiteiro do Benegué

Jajajajaja das a risa amigo. Que pasa coas traballadoras?

1 Beirismo

Pero neno oíste no es el benegué quien debe de darlle solucions a la gentecilla del ENCE? Buah meu eu doume de baixa xa dos upegallos e te me paso al Frente No Obrero para loitar contra el Lores y su mafia de amighetes

1 xivi

Co argumento ad hominem vas chegar lonxe. Sobre a ilegalidade de ENCE e os perxuízos que causa, falamos outro día

2 Miguel Guti

Vou omitir que te expresas bastante mal mais comparto algo do que dis: no tema de ENCE teñén responsabilidade todos, incluido o BNG que participou do goberno bipartito na Xunta e tiñan capacidades para ter freado o tema. Tanto uns coma outros adícanse a facer liortas para xustificar as súas políticas curtoplazistas e oportunistas. Claro que ENCE é contaminante, mais os traballadores non teñen culpa disto. Que plan teñen os partidos do sistema para eles? Mandalos a Madrid coma di algún? E despois son tan anticapitalistas e solidarios... Menudo feo para a clase obreira, unha vez mais nadie se acorda de nós.