Por Europa Press / Redacción | VITORIA | 26/08/2021 | Actualizada ás 19:05
O Festival de Televisión de Vitoria-Gasteiz (FesTVal) premiará este ano a 'A Noite D', os servizos informativos de EiTB, 'Hierro', 'Pasapalabra', 'Yosoyplex' e 'Antidisturbios' como programas e series máis destacados da tempada.
O festival, que se celebrará entre o 31 de agosto e o 5 de setembro, tamén recoñecerá a traxectoria profesional do presidente de Mediaset España, Alejandro Echevarría, e á actriz Vicky Luengo.
Protagonistas e creadores dos programas e series galardoados acudirán á gala de clausura do certame, presentada por Diego Losada, a recoller as distincións, segundo informou a organización nun comunicado.
Na gala tamén se entregarán os xa anunciados Premios Joan Ramón Mainat (Mikel Lejarza, de Masterchef, Ana García Obregón e Pablo Motos), Premio Constantino Romeu (Raúl Pérez) e Premio CIMA FesTVal á Igualdade ('Pioneiras').
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.