Agardan que a chuvia poida axudar a conter o lume de Ribas de Sil

Houbo chuvia miúda na Ribeira Sacra o que podería axudar a conter o primeiro gran lume deste verán.

Por Galicia Confidencial | Ribas de Sil | 07/09/2021 | Actualizada ás 14:38

Comparte esta noticia

A chuvia podería axudar a conter o incendio declarado en Ribas de Sil, o primeiro gran lume forestal rexistrado en Galicia na actual campaña, ascende a máis de 1.000 hectáreas, segundo as últimas estimacións publicadas pola Xunta mediante redes sociais, aínda que algunhas fontes vinculadas aos servizos de extinción falan de 1.500 hectáreas.

Chuvia miúda caeu na zona onde ten lugar o gran lume de Ribas de Sil
Chuvia miúda caeu na zona onde ten lugar o gran lume de Ribas de Sil | Fonte: remitida

Na zona da Ribeira Sacra houbo chuvia miúda a última hora da mañá o que podería axudar a conter as lapas. Neste momento, varios medios aéreos traballan no control das chamas que avanzan na Ribeira Sacra e que obrigan a manter a Situación 2 pola súa proximidade ao núcleo de poboación de Rairós. Ademais, provocou problemas de circulación na estrada N-120. 

O primeiro dos lumes iniciouse na noite do domingo na parroquia de Nogueira, cunhas 140 hectáreas queimadas. Para controlar este incendio, mobilizáronse seis técnicos, 17 axentes, 33 brigadas, 26 motobombas, cinco pas, sete avións e seis helicópteros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta