A xustiza podería darlle a razón a Vox e prepara unha resolución contraria ao segundo estado de alarma

Feijóo considera que é "razoable".

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 09/09/2021 | Actualizada ás 10:21

Comparte esta noticia

O Tribunal Constitucional (TC) previsiblemente declarará inconstitucional o segundo estado de alarma decretado polo Goberno de Pedro Sánchez en 2020 para facer fronte á pandemia de Covid-19, polo que atendería, aínda que sexa parcialmente, o recurso presentado polo partido político Vox, segundo avanza o diario ABC.

Tal e como explica este xornal, o maxistrado relator desta sentenza, Antonio Narváez, terminou a súa resolución e nela acollería dúas dos tres principais argumentos do partido de Santiago Abascal contra ese segundo período de estado de alarma que arrincou o 25 de outubro de 2020 e que se estendeu por seis meses. De ser así, este sería un novo revés para o Executivo que xa en xullo viu como o tribunal de garantías declaraba a inconstitucionalidade dalgúns aspectos do primeiro estado de alarma.

Neste recurso de inconstitucionalidade Vox sostiña que o segundo estado de alarma vulnera os artigos 17, 19, 21 e 25 da Constitución, relativos aos dereitos á liberdade e á seguridade; á libre circulación; á reunión e a manifestación pacíficas; e contra as sancións administrativas que directa ou subsidiariamente impliquen privación de liberdade.

Vox denunciou como inconstitucional a decisión do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, de comparecer só cada dous meses ante o Pleno da Cámara para dar conta da súa evolución. Ese sería un dos aspectos que segundo ABC acollería o relator na súa resolución dado que se deu unha falta de control parlamentario ao Executivo.

Neste relatorio, previsiblemente o TC ditaminará que para cumprir coa esixencia constitucional de fiscalización do Executivo durante ese período de seis meses non foron suficientes as comparecencias ocasionais que fixo Sánchez no Congreso, e tampouco aquelas que delegou no que foi ministro de Sanidade Salvador Illa, e posteriormente Carolina Darias.

O segundo aspecto que reflectiría esa resolución ten que ver co nomeamento dos presidentes autonómicos como autoridade delegada, a denominada como cogobernanza. A xuízo de Vox isto xerou "un auténtico estado de desconcerto e caos" que abocou a unha situación de "inseguridade xurídica" aos cidadáns. Aínda que o próximo pleno do TC terá lugar a semana próxima, descoñécese polo momento a orde do día.

Arquivo - Fachada do edificio do Tribunal Constitucional de España, en Madrid a 29 de novembro de 2019.. Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Fachada do edificio do Tribunal Constitucional de España, en Madrid a 29 de novembro de 2019.. Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

FEIJÓO CRE QUE É "RAZOABLE"

O presidente a Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cre que sería "razoable" que o Tribunal Constitucional declare inconstitucional o segundo estado de alarma decretado polo Goberno no outono de 2020 para facer fronte á pandemia de covid-19.

En resposta a preguntas dos medios este xoves na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, o mandatario autonómico ve "bastante coherente" que o TC emita un fallo desfavorable ao segundo estado de alarma como xa fixo co primeiro nunha resolución emitida no mes de xullo.

Este xoves, Feijóo manifestou que o tribunal aínda non emitiu un fallo pero, "con independencia" do que decida, a posible declaración como inconstitucional dos dous estados de alarma evidencia a ausencia de "leis con rango suficiente" para xestionar unha pandemia.

"O Goberno non xestionou a pandemia desde o punto de vista das súas competencias e deixou aos presidentes autonómicos abandonados desde o punto de vista legal. Isto é un feito", incidiu Núñez Feijóo, que sinalou ao ocorrido co pasaporte covid, rexeitado pola xustiza para a súa implantación en Galicia, como mostra dos "problemas" aos que se enfrontaron as comunidades.

Segundo Feijóo, desde o 'non' do TSXG á obrigatoriedade de presentar certificado covid para entrar en establecementos de hostalaría "incrementouse o número de contaXios" e perdeuse " forza" á hora de facer fronte á pandemia.

"Perdemos todos. A hostalaría, o lecer nocturno e a sociedade no seu conxunto. Só porque o Goberno central consideraba que non era necesario lexislar", censurou Feijóo, antes de lamentar que o Executivo "trate" ás comunidades "coma se fosen territorios independentes".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Hai cousas que afortunadamente non dependen de VOX nin do seu "porqueiro" / Falamos da primeira vez que vivimos confinados e da suspensión das garantías constitucionais por un Goberno que pretende seguir anclado no poder per sécula seculorum (Fiscalía Xeral do Estado) http://www.galiciaconfidencial.com/... Falamos de 18 meses sen acceso público aos Plenos do Concello de Vigo, falamos dun control social da poboación vía medios de comunicación subvencionados, falamos de moitas cousas que nada teñen que ver con VOX !