A exposición "Xuventude Crea. Máis dunha década" recala no Café Moderno de Pontevedra

Recóllense 29 pezas premiadas neste certame ao longo de 14 anos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2021 | Actualizada ás 15:10

Comparte esta noticia

A exposición itinerante 'Xuventude Crea. Máis dunha década' recala este xoves no no Café Moderno de Pontevedra despois de pasar polos municipios de Tui, Ribeira, Lalín e Vigo. A mostra repasa os máis de dez anos de vida deste programa que busca recoñecer e dar visibilidade á innovación e ao talento da xente nova de Galicia en 14 disciplinas diferentes.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, acompañada do delegado da Xunta en Pontevedra, Luís López, inaugurou esta mañá a mostra itinerante que está conformada por diferentes traballos de mozos galegos.

Trátase dunha mostra multidisciplinar de artistas que formaron parte do programa, con obras sobre moda, grafiti, cómic, pintura, escultura, fotografía ou deseño de xoias. En suma, recóllense 29 pezas premiadas neste certame ao longo de 14 anos, desde os seus comezos ata a actualidade.

Esta exhibición pódese ver cada mes nun concello diferente. Así, na capital pontevedresa permanecerá durante todo setembro e que chegará a Lugo, en outubro; Ourense, en novembro; e, por último, estará en Santiago de Compostela todo o mes de decembro.

De face ao 2022 especificaranse as datas nas que recalará nas súas seguintes paradas: as cidades da Coruña e Ferrol, Noia e Chantada.

Exposición na Cidade da Cultura das obras premiadas por Xuventude Crea nos últimos 10 anos. XUNTA
Exposición na Cidade da Cultura das obras premiadas por Xuventude Crea nos últimos 10 anos. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta