Netflix en galego? Estas son as demandas dunha plataforma que acaba de nacer

"Dun total de 4.339 series, só unha está en galego", apuntan.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/09/2021 | Actualizada ás 13:10

Comparte esta noticia

As redes sociais seguen lanzando peticións en favor de máis contidos audiovisuais en galego. O primeiro paso desta loita veu coa chamada iniciativa Xabarín, da que Galicia Confidencial informou hai máis dun ano e que logo chegou ao Parlamento Galego tras o apoio da Mesa Pola Normalización Lingüística. O resultado: Galicia contará cunha canle infantil en galego, segundo prometeron os tres grupos do Hórreo.

Netflix
Netflix

Desta vez, a petición oriéntase a outra dimensión dos produtos audiovisuais, esa que xa non se atopa limitada ao público infantoxuvenil: Netflix. Durante o decorrer da iniciativa Xabarín, houbo voces críticas co potencial desa terceira canle en galego á hora de reverter a castelanización das crianzas e manter a lingua galega. No caso de Netflix non hai discusión, xa que se trata dun dos principais motores culturais da actualidade.

Así as cousas, unha plataforma de recente creación en redes sociais denuncia que, das máis de 4.000 series coas que conta o xigante americano, tan só unha está en galego; e é, claro, O sabor das margaridas. O noir galego rematou colleitando un bo éxito en Netflix pero, aínda con esas, o galego segue a estar nun moi distante plano con respecto a, por exemplo, o castelán. 

As peticiñons da conta oriéntase, nun plano máis amplo, a contar cunha dobraxe en galego das principais series da plataforma. Tamén piden, con todo, que o Goberno inclúa á lingua galega na nova Lei do Audiovisual para poder contar así con subtítulos na nosa lingua ás series de moda. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta