A asociación animalista Libera pider rebaixar ao 10% o IVE veterinario

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/10/2021 | Actualizada ás 20:17

Comparte esta noticia

A asociación animalista Libera reclama ao Goberno central a rebaixa do IVE veterinario ao 10 por cento dentro do proxecto de Orzamentos Xerais do Estado (PGE) de 2022 e, para iso, fai valer a súa petición con máis de 517.000 firmas recollidas en en 'Change.org'.

A través dun comunicado, esta organización sinala ao PSOE como "responsable de non querer acometer a baixada do tipo impositivo" e lembra que en 2012 foi esta mesma formación a que "impulsou unha brusca subida do 8 ao 21 por cento actual", mentres que en 2016 votaron a favor da súa rebaixa e en 2019 incluíron esta cláusula no acordo de coalición con Unidas Podemos.

Co actual modelo, explica Libera, unha operación a un can maltratado grava ao mesmo tipo que a adquisición dun vehículo de luxo, polo que a asociación animalista quere "apertar" con máis de medio millón de firmas para que os socialistas cumpran co pactado e faga efectiva a minoración no proxecto de PGE de 2022.

Ademais do alivio que suporía para os petos das familias, Libera destaca o efecto positivo que tería para as entidades sen ánimo de lucro e as institucións que están detrás dos refuxios, que terán "unha menor presión monetaria" á hora de atender aos animais rescatados.

Intervención nunha clínica veterinaria. EUROPA PRESS
Intervención nunha clínica veterinaria. EUROPA PRESS | Fonte: VIGO - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta