O historiador Eduardo Pardo de Guevara, distinguido co Premio Menéndez Pidal

O premio foi instituido recentemente en memoria deste recoñecido heraldista e sigilógrafo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/10/2021 | Actualizada ás 19:07

Comparte esta noticia

O historiador Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, profesor de investigación do Consejo Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e director do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (mixto coa Xunta de Galicia), foi distinguido co Premio Menéndez Pidal, instituido recentemente en memoria deste recoñecido heraldista e sigilógrafo español, que faleceu en 2019.

Eduardo Pardo de Guevara, distinguido Premio Menéndez Pida
Eduardo Pardo de Guevara, distinguido Premio Menéndez Pida | Fonte: CSIC.

O premio outórgao a Confédération International de Généalogie et d'Héráldique e entregarase este mércores 20 de outubro durante o acto de apertura do XXXIV Congreso Internacional de Xenealoxía e Heráldica, que se celebrará en Madrid, na sede do Arquivo Histórico Nacional.

Eduardo Pardo de Guevara y Valdés é doutor en Historia Medieval pola Universidade Complutense de Madrid. Desenvolveu a súa carreira investigadora na Institución Milá i Fontanals (Barcelona), no Instituto de Historia (Madrid) e no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (Santiago de Compostela), centro que dirixe desde 1994.

As súas investigacións céntranse no ámbito da Historia da baixa Idade Media e, de maneira máis específica, na historia social do poder (historia política e social dos grupos de poder en Galicia), cultivando complementariamente os estudos de genealogía e heráldica medievais.

É vicepresidente do Comité Español de Ciencias Históricas, presidente do Instituto Internacional de Xenealoxía e Heráldica, e vicepresidente académico da Confederación Iberoamericana de Genealogía e Heráldica, ademais de vicepresidente da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia.

Así mesmo, é membro titular ou académico de Número, de Honra ou Correspondente de máis dunha vintena de institucións e corporacións académicas nacionais, estranxeiras e internacionais.

"ORGULLO E EMOCIÓN"

"Non podo menos que recibir con particular orgullo e verdadeira emoción este recoñecemento, pois leva o nome do meu moi querido e admirado Faustino Menéndez Pidal", sinalou.

Ademais, declarou que, na súa persoa, recoñece "ao amigo e mestre" co tivo a "fortuna de compartir" máis de catro décadas de dedicación ás materias de común interese.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta