A posición da UPG de ir con EH-Bildu arrasa no BNG

A posición defendida por Xabier Vence obtén só un 8,4% dos apoios e a de Abrente, menos, un 5,8%. As formacións desta coalición repartirán o escano en función dos votos que obteñan.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 27/02/2014 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

EH-Bildu e as CUP --se este grupo decide, finalmente, ir as eleccións-- serán os compañeiros de viaxe do BNG nas europeas de maio. Así o decidiu unha ampla maioría dos militantes do BNG nas distintas asembleas comarcais que esta formación celebrou por todo o país e que concluíron a pasada semana.

Xabier Vence e Francisco Rodríguez
Xabier Vence e Francisco Rodríguez | Fonte: X.A.

Deste xeito, a postura que defende a UPG e, en menor medida, o MGS, saíu triunfante co 85,4% dos votos. Un respaldo que deixa en mal lugar as outras dúas opcións; a de ir con ERC ou a de concurrir nunha candidatura galega.

A primeira era a que defendía o portavoz nacional do BNG, Xabier Vence, ou a ex eurodeputada e candidata, Ana Miranda. De feito, estes dous dirixentes foron os que máis vehementemente defenderon esta opción ata o final do proceso. 

A opción de Vence: ERC

Fontes de ERC consultadas por GC suliñan que houbo canles abertas de comunicación ata que o Consello Nacional do Bloque decantouse pola vía de EH-Bildu. E é que neste órgano, como o resto dos da formación frontista, están dominados pola UPG. 

Segundo estas fontes, ERC ofreceulle ao BNG compartir o segundo escano --xa que contan con ter un fixo--. Este escano sería repartido entre ERC e o BNG en función da porcentaxe de voto que as dúas formacións obtiveran nas eleccións.

A opción da UPG: EH-Bildu

O mesmo método é o utilizado tamén con EH-Bildu. Segundo fontes da coalición vasca consultados por GC, o acordo ao que chegaron os dirixentes do Bloque con eles é a repartirse o escano en función da porcentaxe de votos das dúas formacións. O mesmo acontecerá se as CUP deciden entrar nesta candidatura, algo que decidirá a súa militancia o vindeiro 9 de marzo.

En todo caso, e de entrar a formación catalana, as perspectivas de visibilidade do BNG neste coalición quedarán moi mermadas porque o escano terá que dividirse por tres en función dos votos de cada grupo, co cal, a permanencia de Ana Miranda en Europa, será menor. Nesta lexislatura que remata, a ex eurodeputada estivo 18 meses no Parlamento Europeo, dun periodo de cinco anos.

A opción de Abrente: candidatura galega

Tamén os apoios á opción que defendía Abrente, o colectivo que lidera Carlos Aymerich, foron residuais. Só o 5,8% --dous puntos menos que a postura de Vence-- dos militantes apostaron porque o BNG configurara unha candidatura galega a estes comicios.

Campaña "propia"

Nun comunicado remitido á militancia, a Executiva do BNG insiste en que, a pesar deste pacto, o BNG desenvolverá a súa propia campaña, co seu programa específico, "en función exclusivamente dos intereses de Galiza, e con papeletas do propio BNG".

Esta candidatura fundamentase na defensa dos intereses de Galiza, da súa soberanía, un "combate ao modelo económico e social" da Unión Europea e da Troika e a deefensa dos principios "democráticos, da soberanía e independencia dos pobos, da paz, do antiimperialismo, dos dereitos humanos, da igualdade, da xustiza e da diversidade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 70 comentarios

11 pedrito

Xa era hora que o BNG tome o bo camiño alegrome moito desta nova aunque xa a lin na coz fai duas semanas este xornal anda a destempo a mellorar

1 Boicoz BNUPG

E que LA COZ é agora o xornal de cabeceira do BNUPG. Desque lle fixeron as dúas entrevistas seguidas a don Paco I quedou claro que LA COZ e o BNUPG van da man. Boicoz para os españoleiros de LA COZ e os seus lacaios españoleiros do BNUPG.

10 Astoria

O arrase vai ser directamente proporcional ao arrase nas furnas que vai levar a UPGaita jaja. É o que merecen os pro-terroristas panibéricos. Hai moito acomplexado que xoga a batasuno no bloquiño.

1 Xistral

Xa sabemos de onde ven o teu léxico, non enganas a ninguén..., o triste é que xente coma ti, teoricamente progresista e ilustrado acabe usando a terminoloxía do poder imperante, pero tamén é a que usan con ese que andan asaltando fincas e supermercados en An dalucía. Da igual o que fagades, dentro de 5 ou 10 anos volveredes a estar no 1% dos votos e isto será un mal sono, iso sí, 10 anos perdidos para este país que está cheo de ladillas coma tí.

9 Spidercan

Eu non son nin da UPG, nin do BNG. Ás veces e sempre tenho sido moi crítico con eles. Pero eles non tenhen culpa de ter nacido nun sitio onde a maioría da povoación é ignorante total. Non porque non senhan como nós pensamos. É que son básicamente ignorantes. E o BNG,mal que lhe pese, tamén forma parte desta sociedade e tenhen os mesmos chíos que a súa contorna moitas das veces. Pero alédome moito de que ganhara por ampla maioría esta opción.

8 Corrector

En realidade (en lingoaxe que non coñecen os zombies do Mesias), a posición antiespañola arrasou no Bloque. A posición vendo a miña nai por un escano arrasou no Bloque A posición antifranquista dos falsos EREs, anti pactos do Moncloa, anti terrorismo de estado lacayoleira, anti pactos da Moncloa cos franquistas e constitución neofranquista do peceiros Solé Tura e astaleiros a Caí, e zombies do Mesias arrasou no Bloque

1 León

Ou sexa que ir con ERC era unha opción pro-española?? Cousas veredes!

7 aidiormio

la upga e mu mala, mu mala, mu mala, mu mu mu mala