A posición da UPG de ir con EH-Bildu arrasa no BNG

A posición defendida por Xabier Vence obtén só un 8,4% dos apoios e a de Abrente, menos, un 5,8%. As formacións desta coalición repartirán o escano en función dos votos que obteñan.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 27/02/2014 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

EH-Bildu e as CUP --se este grupo decide, finalmente, ir as eleccións-- serán os compañeiros de viaxe do BNG nas europeas de maio. Así o decidiu unha ampla maioría dos militantes do BNG nas distintas asembleas comarcais que esta formación celebrou por todo o país e que concluíron a pasada semana.

Xabier Vence e Francisco Rodríguez
Xabier Vence e Francisco Rodríguez | Fonte: X.A.

Deste xeito, a postura que defende a UPG e, en menor medida, o MGS, saíu triunfante co 85,4% dos votos. Un respaldo que deixa en mal lugar as outras dúas opcións; a de ir con ERC ou a de concurrir nunha candidatura galega.

A primeira era a que defendía o portavoz nacional do BNG, Xabier Vence, ou a ex eurodeputada e candidata, Ana Miranda. De feito, estes dous dirixentes foron os que máis vehementemente defenderon esta opción ata o final do proceso. 

A opción de Vence: ERC

Fontes de ERC consultadas por GC suliñan que houbo canles abertas de comunicación ata que o Consello Nacional do Bloque decantouse pola vía de EH-Bildu. E é que neste órgano, como o resto dos da formación frontista, están dominados pola UPG. 

Segundo estas fontes, ERC ofreceulle ao BNG compartir o segundo escano --xa que contan con ter un fixo--. Este escano sería repartido entre ERC e o BNG en función da porcentaxe de voto que as dúas formacións obtiveran nas eleccións.

A opción da UPG: EH-Bildu

O mesmo método é o utilizado tamén con EH-Bildu. Segundo fontes da coalición vasca consultados por GC, o acordo ao que chegaron os dirixentes do Bloque con eles é a repartirse o escano en función da porcentaxe de votos das dúas formacións. O mesmo acontecerá se as CUP deciden entrar nesta candidatura, algo que decidirá a súa militancia o vindeiro 9 de marzo.

En todo caso, e de entrar a formación catalana, as perspectivas de visibilidade do BNG neste coalición quedarán moi mermadas porque o escano terá que dividirse por tres en función dos votos de cada grupo, co cal, a permanencia de Ana Miranda en Europa, será menor. Nesta lexislatura que remata, a ex eurodeputada estivo 18 meses no Parlamento Europeo, dun periodo de cinco anos.

A opción de Abrente: candidatura galega

Tamén os apoios á opción que defendía Abrente, o colectivo que lidera Carlos Aymerich, foron residuais. Só o 5,8% --dous puntos menos que a postura de Vence-- dos militantes apostaron porque o BNG configurara unha candidatura galega a estes comicios.

Campaña "propia"

Nun comunicado remitido á militancia, a Executiva do BNG insiste en que, a pesar deste pacto, o BNG desenvolverá a súa propia campaña, co seu programa específico, "en función exclusivamente dos intereses de Galiza, e con papeletas do propio BNG".

Esta candidatura fundamentase na defensa dos intereses de Galiza, da súa soberanía, un "combate ao modelo económico e social" da Unión Europea e da Troika e a deefensa dos principios "democráticos, da soberanía e independencia dos pobos, da paz, do antiimperialismo, dos dereitos humanos, da igualdade, da xustiza e da diversidade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 70 comentarios

6 Liberado da CIG

O que paga manda. Cando teño que aplaudir? Cando teño que axitar a bandeira?

1 Rayleighh

Tes que aplaudir e axitar a bandeira cando che mande a UPG, pero fóra das horas de liberado da CIG

2 xqvb

noooon! cando diga lacayo lara...

5 Xurxo

O máis patetico, é que onte apareceron os problemas de Galiza por primeira vez nestes dous días no debate do estado xeral no congreso, da man como non do BNG, mais para este xornal iso non é importante.

1 Abraira

Os problemas de Galicia son: Paro, Recortes en ensino público, sanidade pública e servizos sociais, Preferentes, Reforma Laboral, Reforma da Lei do Aborto, Desafiuzamentos, Baixos salarios e baixas pensións. Eses problemas xa xurdiron desde o primeiro día do debate. Ou é que o problema de Galicia é o "colonialismo"? Da privatización de Astano que propuxo o BNG para regalarllo a Barreras que me dis? Do primeiro concerto con POVISA que fixo o BNG-Psoe que me dis?

2 Walton

Efectivamente. Todo iso pódese resumir en dúas letras: PP.

3 León

Ao parecer os problemas de Galiza no debate do estado usaron parte do seu curto tempo dispoñible para reclamar consultas en Catalunya e País Vasco, como se non houbese que o fixera por eles... curiosa maneira de usar o tempo a prol de Galiza ¿non habería máis cousas galegas que reivindicar?

4 hai,hai,hai

A ver upegalliños que tanto vos divertides comentando nas novas sobre Anova. Que demos vedes nesta información que tanto vos proe?. Que complot xudeico-masónico-espanholeiro-Anova-AGE-Laroja vedes?. Que se diga que a posición da UPG arrasou no BNG é malo?. Eu recomendovos que vaiades ao medico a mirar seriamente iso que tedes. Igual sufrides moito de caverna, como diría Platón. Un saúdo patriótico, galego e soberano --pero non o do licor--

1 anonimo

Canto humor, diormio! vou durmir...

3 Eudogio

A culpa é da UPG.

2 juansinho de rianxo

A noticia de confidencial nada de nada, isto xa saeu nos medios a semana pasada. O que non sabe GC é que moita xente de Abrente votou pola coalición con Bildu e mesmo algúns destacado militante da U votaron por ir con ERC. Máis o titular de GC é o que máis me chama a atención, como resposta a explicarse esa obsesión coa U recomendo o seguinte artigo: http://www.terraetempo.com/artigo.p...

1 Estamos vixilando

Eu inda diría máis, na parte do artigo onde se indica "E é que neste órgano, como o resto dos da formación frontista, están dominados pola UPG" faltoulles poñer "látigo en ristre". Hai que ver que poder hipnotizador tén a UPG, métese nos miolos da xente e fanlle votar o que a UPG quere, porque a xente é lerda, supoño, e non tén criterio propio, nin é capaz de pensar por si mesma. Excepto os de Vence e Abrente, eses si, eses pensan soíños... en fin.