Temas: FRASEOLOXíA

“Sen xeito nin eito”, “sen xeito nin modo” ou “sen xeito nin dereito”, equivalentes, entre outras, ao castelán “sin ton ni son”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 31/10/2021 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

En moitas das ocasións en que queremos dar a entender que algo se realiza sen motivo, causa nin xustificación racionais, e/ou dun xeito disparatado ou absolutamente desaxeitado ou fóra de orde e medida, non é raro que en castelán se bote man da locución adverbial sin ton ni son.

Exemplo de Feísmo
Exemplo de Feísmo

En galego, á parte da formalmente análoga á castelá (sen ton nin son), dispomos doutras varias, como imos ver a seguir:

Sin ton ni son

{= Sen motivo, causa nin xustificación racionais, e/ou dun xeito disparatado ou absolutamente desaxeitado ou fóra de orde e medida.}

Sen xeito nin eito

Sen xeito nin modo

Sen modo nin xeito

Sen xeito nin traza

Sen xeito nin dereito

[E MAIS]:

Sen traza nin xeito

Sen traza nin baraza

Sen ton nin son

Sen xeito

Sen traza

Ex.: Al principio seguían las directrices a rajatabla, pero en cuanto los empezaron a untar empezaron a conceder permisos sin ton ni son.

En primeiro seguían as directrices á liña, pero en canto lles empezaron a untar o carro comezaron a conceder permisos sen xeito nin eito sen xeito nin modo sen modo nin xeito sen xeito nin traza sen xeito nin dereito sen traza nin xeito sen traza nin baraza sen ton nin son sen xeito sen traza.

Ex.: La prensa local, que hace ya tiempo que lo acusa de hacer cambios sin ton ni son cuando los partidos se complican, está presionando para que el club lo destituya.

A prensa local, que hai xa tempo que o acusa de facer cambios sen xeito nin eito sen xeito nin modo sen modo nin xeito sen xeito nin traza sen xeito nin dereito sen traza nin xeito sen traza nin baraza sen ton nin son sen xeito sen traza, está presionando para que o club o destitúa.

Ex.: Puedes estar seguro: es un ludópata. En cuanto entra en un salón de juegos se descontrola y comienza a gastar dinero sin ton ni son.

Podes estar certo: é un ludópata. Ó que entra nun salón de xogos destartélase e comeza a gastar cartos sen xeito nin eito sen xeito nin modo sen modo nin xeito sen xeito nin traza sen xeito nin dereito sen traza nin xeito sen traza nin baraza sen ton nin son sen xeito sen traza.

● Tamén, posiblemente por influencia, ou con orixe, portuguesa:

Sen trello nin trebello

● E mais tamén, intercambiables en moitos contextos:

Sin orden ni concierto && Sin orden ni medida && [E MAIS]: Sin atadero

Sen xeito nin eito && Sen xeito nin modo && Sen modo nin xeito && Sen xeito nin traza && Sen xeito nin dereito && Sen traza nin xeito && Sen traza nin baraza && Sen xeito && Sen traza && [E MAIS]: Á(s) toa(s) && A barullo && Sen gardar relleira && [E QUIZAIS TAMÉN, NESTES CASOS POSIBLEMENTE POR INFLUENCIA DO CASTELÁN, E SEMPRE QUE AS INSTANCIAS NORMATIVAS AS ACABEN RECOLLENDO]: Sen orde nin concerto && Sen orde nin medida

Ex.: En primeiro seguían as directrices á liña, pero en canto lles empezaron a untar o carro comezaron a conceder permisos á(s) toa(s) a barullo sen gardar relleira.

Ex.: Podes estar certo: é un ludópata. Ó que entra nun salón de xogos destartélase e comeza a gastar cartos á(s) toa(s) a barullo sen gardar relleira.

Ex.: Llegó, dijo cuatro cosas sin orden ni concierto y se marchó tan fresco.

Chegou, dixo catro cousas sen xeito nin eito sen xeito nin modo sen modo nin xeito sen xeito nin traza sen xeito nin dereito sen traza nin xeito sen traza nin baraza sen ton nin son sen xeito sen traza á(s) toa(s) a barullo sen gardar relleira que non gardaban relleira e marchou todo cheo.

Ex.: El juego del equipo ya hace meses que no tiene ni orden ni concierto, y así nos va.

O xogo do equipo xa hai meses que non ten xeito nin eito que non ten xeito nin modo que non ten modo nin xeito que non ten xeito nin traza que non ten xeito nin dereito que non ten traza nin xeito que non ten traza nin baraza que non ten ton nin son que non ten xeito que non ten traza que non garda relleira, e así nos vai.

NOTAS:

1. Nótese que en bastantes contextos estas locucións poden espazos de uso con varias das que no seu día habemos reflectir ao abordar as secuencias galegas que dan conta da castelá a lo loco (=con inconsciencia, disparatadamente, con pouca cordura ou reflexión, de xeito irreflexivo ou imprudente):

Ex.: Cuando hai tantos intereses en juego no se puede actuar así, a lo loco.

Cando hai tantos intereses en xogo non se pode actuar así, á(s) toa(s) á(s) tola(s) ó tolo sen xeito nin eito sen xeito nin modo sen modo nin xeito sen xeito nin traza sen xeito nin dereito sen traza nin xeito sen traza nin baraza sen ton nin son sen xeito sen traza sen orde nin medida a barullo sen gardar relleira.

2. Entendemos que con respecto á expresión sen gardar relleira (tirada de Cuns Lousa: «Rilleira: Frase: non jarda rilleira: Sen orden nin concerto. // Dise de quen fai as cousas como quere e non como debe. // Dise tamén cando un se extralimita ou se desmanda»), a voz relleira (ou rilleira) presenta o significado recolleito na acepción 6 do DRAG, isto é, o de “Pegada que deixa unha roda”.

Pola súa banda, a voz traza que aparece nalgunhas expresións atópase, obviamente, referida á segunda entrada de traza no DRAG.

3. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes, ou inspiradas nelas:

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Alonso Estraviz, Isaac: Dicionário Estraviz. Obra en liña, accesible na URL https://estraviz.org/.

- Cuns Lousa, Xulio: “Rabusco”. En Anuario Brigantino, 12, 1989, páxs. 259-287.

- Ferro Ruibal, Xesús & Groba Bouza, Fernando: “Dichos y refranes y dialecto vianés de Laureano Prieto (1951)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 11, 2009, páxs. 259-282. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Hermida Alonso, Anxos: “Fraseoloxía de Matamá (Vigo)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 11, 2009, páxs. 283-304. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- López Ferro, Xosé María: “Locucións, fórmulas e paremias do concello das Pontes de García Rodríguez”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 17, 2015, páxs. 135-178. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Otero Álvarez, Aníbal: “Vocabulario de San Jorge de Piquín”. Revista Verba, anexo 7. Universidade de Santiago de Compostela. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega (versión en liña).

- Santamarina, Antón (dir.) / Ernesto González Seoane / María Álvarez de la Granja: Tesouro informatizado da lingua galega (TILG). (Versión 4.1). Santiago de Compostela. Instituto da Lingua Galega.

- Sobreira Salgado, Juan: Material lexicográfico elaborado por Juan Sobreira Salgado entre 1787 e 1805. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta