Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/11/2021 | Actualizada ás 21:22
As deputacións da Coruña, Pontevedra e Lugo advertiron á Xunta que o novo convenio regulador dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais debe ser negociado e aceptado "por todas as partes" e non "imposto unilateralmente" polo Goberno galego.
Nun comunicado conxunto, insistiron ademais en que a repartición económica non debe supor "novos incrementos para as deputacións", que xa duplicaron as súas achegas no período de 2019 a 2021 pasando do 20 ao 40 por cento do custo total, mentres a Xunta baixouno do 60 ao 52,5 por cento.
Por iso, demandan á Xunta que "asuma as necesidades de maior financiamento", lembran que se trata dun servizo "incluído no marco das súas competencias" e rexeitan que utilice o Fondo de Cooperación Local "para alimentar as súas achegas".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.