Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 15/11/2021 | Actualizada ás 14:05
Un neno resultou ferido ao ser alcanzado por un vehículo na Avenida Sanguiñeda en Mos. Foi a Policia Local quen avisou ao 112 Galicia pasados uns minutos do mediodía deste luns. Mentras unha colisión rexistrada na mañá deste luns con catro vehículos implicados en Marín saldouse cunha persoa ferida
Foi a Policia Local quen avisou ao 112 Galicia pasados uns minutos do mediodía deste luns.Tras ter coñecemento do atropelo, por parte do CIAE 112 pasouse aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos bombeiros de O Baixo Miño e a Protección Civil.
COLISIÓN
Por outra banda, unha persoa resultou ferida nunha colisión en Marín (Pontevedra). Segundo informou o 112, o choque tivo lugar sobre as 10,30 horas deste luns con catro coches implicados no punto quilométrico 5 da PO-313.
Unha persoa contactou co 112 Galicia para alertar do accidente e, a partir de aí, o persoal do CIAE puxo a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros do Morrazo, de Protección Civil e do servizo de mantemento da estrada.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.