A Xunta defende o decreto de plurilingüismo: "os idiomas non son un problema en Galicia"

Román Rodríguez gábase de usar castelán e galego "con total normalidade" tras as peticións da RAG para derogar o polémico decreto.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2021 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, defendeu o 'decreto de plurilingüismo' e mostrou o seu orgullo de ser bilingüe e de utilizar o castelán e o galego "con total normalidade", xa que, segundo sinalou, son un "vehículo para entendernos".

Fíxoo a preguntas dos medios sobre as declaracións do presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor Freixanes, que se sumou ás demandas de derrogación do devandito decreto e de garantir o galego como idioma vehicular en todas as etapas educativas.

Para o conselleiro, o idioma non é "un problema" en Galicia, e expuxo que os datos demostran que é a comunidade con lingua cooficial na que hai un maior coñecemento de ambas. No que si ve "unha debilidade" é no uso do galego, polo que se comprometeu a "traballar e apostar" para que o uso desta lingua "se potencie" en ambientes que "non son habituais".

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, comparece no pleno do Parlamento de Galicia
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, comparece no pleno do Parlamento de Galicia | Fonte: Xunta de Galicia.

As declaracións de Román chegan nun contexto no que varios informes de fontes distintas, dende a Real Academia Galega ás institución europeas, certifican unha perda de falantes de galego centrada, sobre todo, nas idades máis mozas. O informe da Academia apuntaba directamente a unha ruptura da transmisión interxeracional, figura chave para que o galego perviva nas décadas futuras. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Sentidiño

O profesorado debe de ser moi malo, cando fai todo en klingon, mais todo o alumnado (klingons incluíd@s) sae falando terráqueo...

1 Riolo

Normal, todo el mundo sabe que la imposición no gusta a los rapaces y los profes de klingon suelen ser una pandilla de pirados de la secta upegalla con sus historias para no dormir. Y sí, además de todo, muchos de ellos son malos a rabiar. Entre aliens y terraqueas, cualquier rapaz sano prefiere a las terraqueas

2 Papuxa

Xa comezan as novelas de ciencia ficción dos monolingües:" Nos imponen el gaiego"

1 Riolo

La realidad es que la Educación es casi monolingüe en gallego, empezando por la página web y continuando por la comunicación interna, la rotulación o las programaciones didácticas. Hay un abandono total del PP a las tesis del BNG en esta materia. Abandono que pronto le saldrá muy caro.