Xuízo á muller que finxiu unha reforma na cociña para tentar estafar á súa nai

Piden un ano e medio de cárcere por pretender que os xulgados lle concederan 19.000€ da súa proxenitora.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/11/2021 | Actualizada ás 15:54

Comparte esta noticia

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá este martes un xuízo contra unha muller, acusada de presentar unhas facturas falsas nun proceso civil contra a súa propia nai, á que pretendía reclamar case 19.000 euros por amoblar e equipar unha cociña, cando realmente non fixera ese gasto.

Segundo o escrito de acusación pública, esta muller presentou unha demanda contra a súa nai en xullo de 2017, nun xulgado de Caldas de Reis para reclamar, nun proceso civil, por uns gastos que sumaban 18.788 euros, nos que supostamente incorrera para amoblar e equipar unha cociña nunha vivenda que a súa nai lle cedeu ou arrendado.

Para apoiar esa reclamación, no marco dese proceso xudicial, achegou dúas facturas pola suposta compra e instalación duns electrodomésticos (941 euros) e outra factura relativa a traballos de carpintaría e montaxe de mobles (17.847,41 euros). A Fiscalía sostén que a acusada presentou eses documentos "con ánimo de faltar á fe pública e a propósito da súa falsidade", xa que se trataba dunhas facturas "que non se corresponden coa realidade e elaboráronse especificamente para simular uns gastos que non fixo".

Por iso, considéraa autora dun delito de presentación en xuízo ou uso de documento mercantil falso, en concurso cun delito de estafa procesual en grao de tentativa. Así, reclama para ela un ano e medio de prisión e o pago dunha multa de 2.880 euros.

Audiencia Provincial de Pontevedra.
Audiencia Provincial de Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta