Galicia pecha novembro con 8 mortos nas estradas, o dobre que hai un ano

Tres deles eran maiores de 65 anos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/12/2021 | Actualizada ás 12:17

Comparte esta noticia

A sinistralidade viaria aumenta en Galicia tras pecharse novembro con oito persoas falecidas en oito accidentes, fronte ás catro vítimas en catro sinistros do mesmo mes do ano pasado 2020. Así consta nos datos difundidos este mércores pola Dirección Xeral de Tráfico (DGT), nos que se reflicte que en novembro aumentaron os falecidos en accidentes na provincia de Pontevedra a tres --unha máis que o mesmo mes do ano pasado--.

Mentres, na provincia de Ourense rexistráronse dous en novembro e no mesmo mes de 2020 non houbo; así como na de Lugo, que tivo unha vítima mortal --o ano pasado ningunha--; e na da Coruña foron dous os falecidos --igual que no mesmo período do exercicio pasado--. Dos oito accidentes mortais rexistrado o pasado mes, dous foron atropelos e seis saídas de vía. Ademais, en dous deles producíronse envorcamentos do vehículo. En canto ás idades das persoas falecidas, unha situábase entre os 35 e 44 anos; dous, entre os 45 e 54 anos; dous, entre os 55 e 64 anos; e tres eran maiores de 65 anos.

XANEIRO A NOVEMBRO

Ata o peche do mes de novembro morreron 68 persoas en 64 accidentes de tráfico na Comunidade galega,
fronte ás 63 vítimas en 60 sinistros contabilizados no mesmo período de 2020. Por provincias, 26 das vítimas mortais entre xaneiro e novembro corresponden á provincia da Coruña --fronte ás 21 do mesmo período de 2020--; seguida da de Pontevedra, con 24 --dúas máis--; Lugo, con 10 --unha menos-- e Ourense, con oito --unha máis--.

Imaxe do accidente no que resultaron feridas dúas persoas ao en Ribeira (A Coruña). CONCELLO DE RIBEIRA
Imaxe do accidente no que resultaron feridas dúas persoas ao en Ribeira (A Coruña). CONCELLO DE RIBEIRA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta