'Saca o galego que levas dentro', a nova campaña da Xunta para fomentar o galego

Trátase de estruturas xigantes con espellos nos que os viandantes poden verse reflectidos, á vez que len a mensaxe 'Din que a beleza está no interior. E ti gardas unha lingua fermosa! Saca o galego que levas dentro'.

Por E.P. | A CORUÑA | 14/12/2021 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

A Xunta puxo en marcha a campaña 'Saca o galego que levas dentro', unha acción que, informa, busca pór en valor a lingua propia entre toda a sociedade; destacar a súa importancia como elemento chave da nosa identidade e alimentar o orgullo e o sentimento de pertenza, así como fomentar o seu uso entre todos os galegos e galegas.

A campaña consiste na itinerancia polo catro provincias dunhas estruturas xigantes con espellos nos que os viandantes poden verse reflectidos, á vez que len a mensaxe 'Din que a beleza está no interior. E ti gardas unha lingua fermosa! Saca o galego que levas dentro'.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou este martes, na praza de Vigo da Coruña, esta nova iniciativa da Xunta, que arrinca simultaneamente na cidade herculina e en Ferrol.

Acompañado de representantes municipais, destacou que Galicia e os galegos e galegas "temos un gran tesouro, a nosa lingua, un símbolo de riqueza cultural, social, histórica e comunicativa, ademais dunha ferramenta de moi notable utilidade que nos permite comunicarnos mesmo fóra da nosa Comunidade".

'Saca a lingua que levas dentro', a nova campaña da Xunta
'Saca a lingua que levas dentro', a nova campaña da Xunta

Na estrutura figura tamén o cancelo #SACAOGALEGOQUELEVASDENTRO acompañado da mensaxe “E compárteo con orgullo”, que convida a quen o lea a tomar unha foto no espello e compartila en redes sociais, trasladando así a campaña das rúas galegas ao mundo virtual. Despois da Coruña e Ferrol, esta acción visitará Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Arteixo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta