As axudas do Goberno á biodiversidade contemplan a recuperación do río Eo e as Illas Atlánticas

Tamén contemplan actuacións en masas de frondosas autóctonas e a restauración de humidais e outros ríos galegos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2021 | Actualizada ás 11:02

Comparte esta noticia

As axudas do Goberno á biodiversidade contemplan proxectos en Galicia de recuperación dos ecosistemas fluviais, como o río Eo, e de hábitats en áreas protexidas como as Illas Atlánticas. Diso informou este xoves a Delegación do Goberno nun comunicado no que lembra que Galicia recibirá 11,1 millóns de euros da repartición aprobada no último Consello de Ministros para actuacións en materia de biodiversidade e restauración ambiental.

Esta contía, como apuntan os representantes do Executivo estatal na Comunidade galega, únese á concedida o pasado mes de xullo, doutros 11,5 millóns de euros, que fan un total de 22,7 millóns de euros para 2021. Os fondos financiarán diversas actuacións en materia de conservación da biodiversidade, como o proxecto conxunto co Principado de Asturias para a recuperación do río Eo.

Asimesmo, tamén se contemplan accións de mellora das infraestruturas de xestión, difusión e uso público do patrimonio natural ou actuacións en masas consolidadas da biodiversidade de frondosas autóctonas.

No ámbito marítimo existe un proxecto para a recuperación de hábitats e especies de interese comunitario no parque natural marítimo terrestre das Illas Atlánticas, mentres que outra iniciativa, bautizada 'Mil Ríos Galicia', pretende restaurar humidais e ríos galegos.

Por último, os fondos tamén se dedicarán á renovación do parque de vehículos autobombas empregados polo dispositivo de extinción de incendios forestais dos Distritos Forestais de Galicia.

Aviso de contaminación na desembocadura do río Eo tras a vertedura de xurros. GRUPO PARLAMENTARIO MIXTO
Aviso de contaminación na desembocadura do río Eo tras a vertedura de xurros. GRUPO PARLAMENTARIO MIXTO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta